
Novas
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, e a concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, deron conta hoxe das conclusións do VI Pleno da Rede de Iniciativas Urbanas celebrado a semana pasada en Madrid para clarexar os pasos a dar para o desenvolvemento da EDUSI. Na xuntanza estiveron representados todos os concellos que o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas seleccionou na primeira convocatoria como beneficiarios dos fondos europeos.
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, e a concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, participaron hoxe en Madrid na segunda xornada do VI Pleno da Rede de Iniciativas Urbanas, RIU. O principal obxectivo do encontro era que o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas informara dos pasos a seguir polos concellos aos que lles veñen de ser asignados fondos europeos para a aplicación das súas Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado. No caso de Santiago, esa achega será de dez millóns de euros, o máximo previsto para as cidades de entre 50.000 e 100.000 habitantes.
A concelleira de Facenda, María Rozas, e o edil de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, asisten hoxe e mañá en Madrid ao VI Pleno da Rede de Iniciativas Urbanas. Trátase do foro no que os Ministerios de Facenda e Administracións Públicas e Fomento deben aclarar os pasos a seguir por parte dos Concellos seleccionados para recibiren fondos europeos no marco da convocatoria EDUSI. Santiago percibirá dez millóns de euros.
Santiago vai recibir dez millóns de euros de fondos europeos FEDER para poñer en marcha as accións recollidas na súa Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado, EDUSI. O Boletín Oficial do Estado publica hoxe a resolución do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, que sinala que Compostela será unha das cidades beneficiadas polo Programa Operativo de Crecemento Sostible 2014-2020, que repartirá en Galicia algo máis de 83 millóns de euros.
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, presentou este martes a Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado (EDUSI), un documento que contempla accións para o período 2015-2025 e co que o Concello de Santiago aspira a 15 millóns de euros de fondos europeos, do Programa Operativo de Crecemento Sostible 2015-2020. Esta estratexia foi sometida á deliberación do Pleno nunha sesión extraordinaria celebrada tamén este martes. Saíu adiante cos votos favorables do grupo do Goberno e coa abstención dos outros grupos municipais.
O concelleiro de Espazos Cidadáns deu conta este mércores dos resultados dos grupos de traballo e das enquisas que o seu departamento puxo en marcha co obxectivo de elaborar, de forma participada, unha Estratexia Integrada de Desenvolvemento Urbano Sostible 2014-2020. Jorge Duarte amosou a súa satisfacción pola boa resposta que está a ter este procedemento, tanto polos expertos convocados polo Concello como pola cidadanía en xeral.

