
Novas
As recentes investigacións arqueolóxicas realizadas no exterior do castelo da Rocha Forte permitiron sacar á luz parte dun complexo sistema defensivo que protexería o acceso principal da fortaleza. Localizáronse dous tramos de muralla, un deles cunha torre circular encostada; e dous fosos.
Este mediodía abriuse á circulación a rúa Clara Campoamor, despois da reurbanización executada polo concello de Santiago que permitiu actuar sobre uns 800 metros de vial e sobre unha superficie duns 19.000 metros cadrados. O resultado: un carril para buses e taxis que poderán acceder directamente á terminal de autobuses cando entren pola Avenida de Lugo; un carril bici fronte ás Brañas do Sar, dúas beirarrúas e outros dous carriles de doble sentido circulación. No acto de apertura interviron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez.
Con motivo das obras de reurbanización do vieiro de Clara Campoamor, esta rúa vai quedar cortada ao tráfico a partir das 8:00 horas de mañá xoves 14 de maio e ata o remate das obras. Os desvíos estarán sinalizados de tal xeito que sexa o túnel do Hórreo o que canalice o tráfico na zona sur da cidade (Castiñeiriño) a través da SC-11, avenida de Santiago de Cuba, e tamén para a entrada ou saída dende a SC-20 – N-550.
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantiveron esta mañá unha videoconferencia co equipo responsable das obras en execución na estación intermodal de Santiago de Compostela (estación de autobuses, pasarela e vieiro de Clara Campoamor), para supervisar o seu desenvolvemento e as medidas de prevención da saúde adoptadas con motivo do COVID-19. Tamén participaron os concelleiros de Urbanismo, Mercedes Rosón, e de Mobilidade, Gonzalo Muíños; o director da Área de Urbanismo, Ignacio Cerrada; o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez; e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro.
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este mércores cunha representación da veciñanza de San Ignacio de Loyola, á que lle explicou o proxecto para mellorar a accesibilidade deste conxunto de vivendas mediante a instalación de ascensores, así como os avances para sacar unha convocatoria que lles permita a estes veciños e veciñas acceder a axudas para a rehabilitación das súas vivendas.
A Xunta de Goberno acordou este luns o nomeamento dun comité de expertos que se encargará de valorar as ofertas presentadas para a reurbanización da rúa de Clara Campoamor. O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, expresou a súa confianza en que as obras desta vía, que dará acceso á futura intermodal, poidan comezar a principios de ano.

