
Novas
O Goberno local financiará con cargo á EDUSI a creación dun Centro Municipal de Atención Integral ás Persoas sen Fogar, que estará localizado no edificio que ocupa actualmente o Centro de Interpretación Ambiental de Belvís.
A Xunta de Goberno deu novos pasos este venres e se avanzou nos trámites para iniciar a licitación das obras de Patio de Madres e Castrón Douro.
A Xunta de Goberno aprobou hoxe dous novos proxectos que lle serán remitidos ao Ministerio de Facenda, para á súa inclusión na Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado de Santiago. Trátase dun programa de sensibilización social e igualdade entre mulleres e homes, e dun plan de accesibilidade universal.
A alcaldesa en funcións, María Rozas, deu conta hoxe dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local celebrada este venres. Na mesma acordouse remitir ao Ministerio de Facenda a documentación complementaria sobre dous dos proxectos que se financiarán con cargo á Estratexia de Desenvolvemento Urbano, Sostible e Integral (EDUSI).
A Xunta de Goberno deu hoxe un novo paso de cara á posta en marcha das accións incluídas na EDUSI, a Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado. Foi coa aprobación do Manual de Procedementos para as operacións financiadas polos fondos FEDER, días despois de que a documentación presentada polo Concello de Santiago fora validada polo Ministerio de Facenda.
A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, deu conta en rolda de prensa da segunda xuntanza mantida cos grupos da oposición no marco do proceso de negociación dos orzamentos do 2017.

