
Novas
O alcalde de Santiago participou na mesa redonda "Eixo Atlántico (Cross border Portugal-Spain Urban Agenda)", dentro da xornada "Sharing experiences for the future in Spain, Portugal and Italy". Xosé Sánchez Bugallo presentou a Axenda Urbana da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
A Xunta de Goberno Local celebrada este luns deu o visto bo aos proxectos de acondicionamento exterior e interior do xacemento do castelo da Rocha Forte.
A Xunta de Goberno Local, nunha sesión extraordinaria, aprobou este martes o inicio do procedemento de contratación das obras de reurbanización da rúa de Clara Campoamor.
O próximo luns arrincarán as obras de reurbanización da rúa da Batalla de Clavijo, nas que se van investir case 360.000 euros. A actuación está financiada con cargo aos fondos europeos do programa ReVive Edusi-Santiago. Nestes días comezou xa o valado da zona, e os vehículos estacionados teñen de prazo ata mañá venres para seren retirados.
O viario Clara Campoamor terá finalmente tres carrís, un en cada sentido de circulación e un central que terá un dobre uso: carril de incorporación e saída dos autobuses no ámbito da futura estación, e carril adicional de circulación nos accesos ás rotondas do Restollal e de Sar. A regulación dos accesos e saídas á estación farase mediante semáforos, como recomendan os informes técnicos, e o viario terá carril bici nas dúas marxes.
A Xunta de Goberno acordou hoxe iniciar o procedemento de adxudicación para a ampliación da infraestrutura de servidores do Concello de Santiago, de cara á implantación da administración electrónica. O proxecto conta cun orzamento de 190.000 euros, dos que 152.000 procederán de fondos europeos vinculados ao programa ReVive-Edusi Santiago.

