
Novas
O próximo 5 de outubro, ás 23:59 h. finaliza o prazo para presentarse ao proxecto de acondicionamento exterior do castelo da Rocha Forte. O concello de Santiago de Compostela sacou a concurso a licitación das obras, a través dun procedemento aberto simplificado, por importe de 292.168 euros; e un prazo de execución de 3 meses
Os concelleiros de Urbanismo, Mercedes Rosón, e o de Relacións Institucionais, Sindo Guinarte, xunto ao reitor da USC, Antonio López, asistiron ao inicio da primeira fase de substitución dos bancos do Campus Sur. En total, nesta primeira fase, vanse renovar 12 bancos na zona do estanque, na avenida de Antonio Raimundo Ibáñez.
O Concello de Santiago acaba de recepcionar as obras de rehabilitación enerxética de varios edificios municipais. Son, concretamente, os Centros Socioculturais de Fontiñas, Vite, Pontepedriña e Santa Marta; a Casa das Asociacións de Cornes e a Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES); os pavillóns deportivos de Santa Isabel e de Roxos; o Centro Ocupacional de Aríns; e o Cersia. Estas actuacións contaron cun investimento de 519.999,44 euros; para un obxectivo de aforro enerxético de 857.733 kwh/ano.
A concelleira de Políticas de Igualdade, Mercedes Rosón, presentou hoxe a reactivación do proxecto Territorio das Mulleres, o paraugas institucional baixo o que se desenvolverán, durante os próximos 14 meses, campañas, programas, festas e obradoiros en espazos abertos. Este programa é un dos tres piares sobre o que se asentan as políticas de igualdade do Concello de Santiago.
A concelleira de Igualdade, Mercedes Rosón, deu conta en rolda de prensa da reapertura da Casa das Mulleres Xohana Torres (CMXT) e do servizo co que contará para a súa coordinación e funcionamento. Estivo acompañada por Eva Garabal, que se encargará da coordinación das actividades e accións.
A Xunta de Goberno da Federación Española de Municipios e Provincias acordou, na sesión celebrada o pasado 27 de outubro, designar o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, como representante da entidade no pleno da Rede de Iniciativas Urbana, en calidade de titular.

