
Novas
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu hoxe á presentación do libro "25 anos de historia" da Asociación Cultural Rocha Forte, escrito polo seu presidente, Carlos Delgado Fernández. O rexedor, sinalou, durante a súa intervención, que as actuacións que se está facendo na zona por parte do Concello, esas dúas sendas peonís, unha entre Milladoiro e Santiago e a outra entre o Sar e o Sarela, "porán en valor á xente e facilitarán a conectividade da veciñanza". O rexedor rematou sinalando que "sempre nos teredes ao voso lado, para facer todo o posible pola Rocha e en beneficio da Rocha".
A maior feira virtual de talento e emprego, Talentia Summit 2022, abre desde hoxe o prazo para reservar unha das 15.000 prazas dispoñibles na ampla oferta de actividades. A feira virtual estará aberta desde o 14 ata o 18 de novembro, con une elevado número de empresas activas, e miles de prazas gratuítas en formación online dispoñibles a golpe de click. Unha aposta por potenciar o talento local que foi presentada esta mañá polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado polo responsable do Departamento de Emprego, Javier Ferreiro.
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado por varios concelleiros e concelleiras da Corporación, inaugurou esta mañá a obra de acondicionamento exterior do Castelo da Rocha Forte no marco da XI Romaría do Castelo, organizada pola Asociación Cultural da Rocha Forte.
O Goberno Municipal de Santiago levará este luns a Xunta de Goberno a proposta de aprobación do procedemento de concesión da primeira fase de subvencións en especie para a mellora da accesibilidade en promocións de vivendas do século pasado, localizadas en barrios e áreas de rehabilitación integral. En total, esta liña de axudas conta cun orzamento de 970.900 euros, con cargo aos fondos EDUSI; dos que 84.000 se destinan a esta primeira fase.
A Concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón asistiu hoxe á presentación do libro "Rocha Forte. A memoria recuperada dun castelo medieval". Na súa intervención sinalou que esta publicación "é un paso máis na recuperación da memoria do acontecido na Rocha Forte", un "elemento fundamental da historia compostelá".
A concelleira responsable de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou esta mañá a campaña de sensibilización "E ti, a que xogas?", deseñada por Compostela Territorio das Mulleres, para chamar a atención da sociedade compostelá sobre a importancia capital que teñen os xoguetes que reciben as crianzas como agasallo de Nadal á hora de construír unha cidade e un mundo máis igualitarios.

