
Novas
A Xunta de Goberno local acordou esta mañá a adxudicación do contrato para a reurbanización da rúa García Lorca por un importe de 920.301,92 euros; das obras para a execución das dúas actuacións de "Pavimentación do lugar de Coira (Laraño)" e da "Pavimentación do lugar de Aradas (A Peregrina)", ambas financiadas con cargo ao POS+, por un importe de 122.414,02 € e 139.225,78 €, respectivamente. O contrato para a construción "Espazo interxeneracional no barrio de Sar" foi adxudicado por un importe de 126.984,82 €. En total, 1.308.926,52 euros. Ademais, deuse luz verde ao inicio da contratación de varios expedientes por un valor total de 673.386,09 euros, entre eles o de recuperación do Campus Sur.
Esta actuación, cofinanciado polo FEDER 2014-2020 (EDUSI - REVIVE COMPOSTELA), prevé o acondicionamento de 12.050 metros cuadrados, dos que 10.000 corresponden ao ámbito sur, ríos Sar e Vilar; e 2.050 metros cadrados, ao ámbito norte, río Sarela. O obxectivo fundamental desta operación é a recuperación deste espazo natural e a súa rehabilitación para o uso e desfrute da cidadanía.
Enmarcada na Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado de Santiago, a actuación conta cun prazo de execución de 3 meses, creará percorridos que conecten o barrio co tecido urbano e xerará -ou mellorará- os espazos estanciais de Pontepedriña.
A Xunta de Goberno aprobou hoxe o expediente de contratación do "Centro Integral para a Inclusión Social" (CIPIS)" que conta cun orzamento base de licitación de 835.142 euros. Segundo explicou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, o obxectivo deste centro de servizos é atender e formar ás persoas en risco de exclusión social. "Axudalas", subliñou, "na medida do posible" na súa reinserción social e laboral, "préstandolle atención á problemática que plantexen a nivel social, psicolóxico e sanitario". O que non será, aclarou, é unha residencia.
Neste último encontro temático, no marco do proceso participativo de revisión e actualización do PMUS, debateranse as problemáticas e retos da mobilidade no medio rural e na área metropolitana. Trátase do cuarto encontro tras tres citas nas que se trataron temas como a mobilidade de peóns, bicibletas e VMP, o trasporte público ou o tráfico e estacionamento na cidade, e se desenvolverá en formato telemático a partir das 10.00 h.
Tras dous encontros centrados na mobilidade de peóns, bicibletas e VMP e no trasporte público da cidade, esta tarde terá lugar o terceiro foro, que versará sobre tráfico, estacionamento e distribución de mercadorías e se desenvolverá en formato telemático a partir das 19.00 h. O vindeiro 26 de abril terá lugar o último encontro temático no marco do proceso participativo de revisión e actualización do PMUS, no que se debaterán as problemáticas e retos da mobilidade no medio rural e as áreas metropolitanas.

