Novas
O próximo 5 de outubro, ás 23:59 h. finaliza o prazo para presentarse ao proxecto de acondicionamento exterior do castelo da Rocha Forte.
Os concelleiros de Urbanismo, Mercedes Rosón, e o de Relacións Institucionais, Sindo Guinarte, xunto ao reitor da USC, Antonio López, asistiron ao inicio da primeira fase de substitución dos bancos do Campus Sur.
O Concello de Santiago acaba de recepcionar as obras de rehabilitación enerxética de varios edificios municipais.
A concelleira de Políticas de Igualdade, Mercedes Rosón, presentou hoxe a reactivación do proxecto Territorio das Mulleres, o paraugas institucional baixo o que se desenvolverán, durante os próximos 14 meses, campañas, programas, festas e obradoiros en espazos abertos.
A concelleira de Igualdade, Mercedes Rosón, deu conta en rolda de prensa da reapertura da Casa das Mulleres Xohana Torres (CMXT) e do servizo co que contará para a súa coordinación e funcionamento. Estivo acompañada por Eva Garabal, que se encargará da coordinación das actividades e accións.
A Xunta de Goberno da Federación Española de Municipios e Provincias acordou, na sesión celebrada o pasado 27 de outubro, designar o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, como representante da entidade no pleno da Rede de Iniciativas Urbana, en calidade de titular.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »