Boas Prácticas

A detección, análise e transferencia de Boas Prácticas constitúe o eixo fundamental de todas as Estratexias de Comunicación e constitúe unha ferramenta esencial para a xestión pública e para o avance na consecución dos obxectivos da Política Rexional Comunitaria.

Os criterios para a identificación e selección de Boas Prácticas de actuacións cofinanciadas son os acordados no seo da rede GERIP de responsables de información e publicidade e están recollidos na Guía Metodolóxica de Seguimento e Avaliación dos Plans de Comunicación dos Plans de comunicación dos Programas Operativos FEDER, FSE E Fondo de cohesión elaborada no anterior período de programación 2007-2013 e que vai ser obxecto de revisión nos primeiros anos no actual. Estes criterios son os seguintes:

-A actuación foi convenientemente difundida entre os beneficiarios/as, beneficiarios/as potenciais e o público en xeral. Deberase presentar todo o relacionado para a comunicación da citada actuación.

-A actuación incorpora elementos innovadores. Haberá que destacar o carácter innovador da actuación, que pode estar vinculado ás metodologías ou procesos, aos servizos facilitados e ás distintas ferramentas empregadas para poñela en marcha. Tamén considerarase innovación respecto ao territorio ou ámbito de execución e ao público obxectivo.

-Adecuación dos resultados obtidos aos obxectivos establecidos. Destacaránse os principais obxectivos, facendo ver o valor engadido que supón recibir Fondos Europeos, indicando se todos eles estanse cumprindo e facendo fincaré en qué tipo de actividades e resultados pódense atribuir ao proxecto: Impacto en términos físicos, cuantitativos, cualitativos.

-Contribución á resolución dun problema ou debilidade detectada no ámbito territorial de execución. É preciso describir a qué problemática responde o proxecto presentado e cómo a súa posta en marcha favorece o desenvolvemento do territorio e /ou do público obxectivo.

-Alto grado de cobertura sobre a población á que vai dirixida. Debe mencionarse o alcalce, non só sobre os beneficiarios/as senón tamén sobre a población en xeral.

-Consideración dos criterios horizontais de igualdade de oportunidades e non discriminación, así como responsabilidade social e sostenibilidade ambiental. Débese indicar cómo se aplicaron estes criterios na actuación correspondente.

-Sinerxias con outras políticas ou instrumentos de intervención pública. Terase en conta se a acción reforzou a actuación doutros Fondos (rexionais, nacionais, Europeos) e contribuíu a potenciar os aspectos positivos dos mesmos.