Novas
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o "Proxecto básico e de execución relativo á operación EDUSI de restauración do entorno dos ríos Sarela, Sar e Vilar", que conta cun orzamento básico de licitación de 341.590,13 euros.
Despois do primeiro encontro, centrado na mobilidade de peóns, bicibletas e VMP na cidade, mañá, 12 de abril, terá lugar o segundo, que versará sobre o transporte público. A cita, telemática, será a partir das 10.00 h.
O alcalde e o concelleiro de Obras percorreron parte do itinerario que transcorre desde San Marcos ata Sar, pasando por Amio, San Lázaro e Aríns. A senda alcanza preto de 12 quilómetros, uníndose ao tramo previamente existente de Sar, Pontepedriña e Conxo.
A Xunta de Goberno Local aprobou este luns, día 27 de marzo, a contratación da creación dun novo portal web, dunha APP municipal e da Intranet municipal todos eles vinculados a un novo sistema de información baseado na tecnoloxía emerxente Web 4.0.
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou un expediente de suplemento de crédito por importe de 42.701 euros para dispor da achega municipal necesaria no exercicio actual (20% da totalidade do proxecto) para o proxecto "Rutas Campus Stellae: Miradoiro de paisaxe do...
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión ordinaria, aprobou o proxecto de execución da rede "Itinerarios sostibles para a redución da pegada de carbono (Fase I- entorno Intermodal)", que sae a licitación por 307.519,40 euros, IVE engadido, e un prazo de execución de tres meses.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »