Antifraude
O artigo 125, apartado 4 c) do Regulamento da Unión Europea 1303/2013 establece que as Autoridades de Xestión dos Programas Operativos do FEDER para o período 2014-2020, deben pór en marcha medidas efectivas e proporcionadas de loita contra a fraude, tendo en conta os riscos que se vaian detectando.
Esta responsabilidade en materia de loita contra a fraude, esténdese aos Organismos Intermedios de Xestión e aos Organismos Intermedios Lixeiros, como é o caso do Concello de Santiago que asume esta responsabilidade en relación coa selección de operacións cofinanciadas polo FEDER no marco da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI).
Neste sentido, o Manual de Procedementos para a selección de operacións da EDUSI de Santiago de Compostela, prevé como unha das medidas preventivas en materia de loita contra a fraude, a realización dunha Declaración Institucional que xere unha cultura antifraude. Dita Declaración Institucional en materia de Loita contra a Fraude foi aprobada polo Acordo do Pleno o 24 de maio de 2018.
http://revivesantiago.gal/sites/portaledusi/files/declaracion_intitucion...
Por outra banda, o Manual de Procedementos, prevé tamén a adhesión a un código ético e de conduta, destinado aos membros do Concello de Santiago que intervirán na selección, execución, seguimento, control e certificación de operacións subvencionadas. Neste código prestarase especial atención aos conflitos de intereses, aos obsequios e política de hospitalidade, á información confidencial e aos requisitos para a notificación da presunta fraude. Dito Código Ético foi aprobado polo Acordo do Pleno o 24 de maio de 2018.
http://revivesantiago.gal/sites/portaledusi/files/codigo_etico_persoal_c...
Comunicación de información sobre fraudes ou irregularidades que afecten a fondos europeos
Cauces para a notificación:
1) A caixa de correo a efectos de notificacións da Edusi de Santiago de Compostela: revivesantiagoedusi@santiagodecompostela.gal
2) Asimesmo establecese como puntos de contacto externos aos que poder informar en caso de detección de irregularidades o infraccións a SNCA (Servizo Nacional de Coordinación Antifraude) ou a OLAF (Oficina Europea de Loita contra a Fraude), ao que se pode acceder a través do seguinte enlace:
http://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/snca/Paginas/Comun...