A Xunta de Goberno aproba a adxudicación da obra para novos miradoiros no Monte Pedroso

09/10/2023
pedroso

 Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, acordou adxudicar as obras de acondicionamento de espazos para miradoiros no Monte Pedroso

A Xunta de Goberno acordou adxudicar o contrato das obras de acondicionamento de espazos para miradoiros no Monte Pedroso en Santiago de Compostela a EXCAVACIONES Y CONSTRUCCIONES LAUREANO COVELO SA por importe de 149.228,62 € (base impoñible de 123.329,44 € máis IVE do 21% de 25.899,18 €), oferta que tamén incluía unha ampliación do prazo de garantía por riba do mínimo esixido en 5 anos. Esta operación está incluída na Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado e cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020.

Acondicionaranse dous miradoiros, un diurno e un nocturno, e zonas de descanso. A obra consistirá na instalación de mobiliario urbano, así como de elementos de sinalización, plantacións e acondicionamento dos camiños. No proxecto só se empregan especies autóctonas e compatibles co equilibrio ecolóxico, como o Prunus avium (cerdeira silvestre), Quercus robur (carballo carballo), Castanea sativa (castiñeiro común) ou Erica arbórea (breixo arbóreo).