O Concello adxudica as obras para mellorar a accesibilidade en Pontepedriña por máis de 145.000 euros

29/09/2023
Pontepedriña

Reunida en sesión extraordinaria, a Xunta de Goberno acordou esta mañá a adxudicación do contrato para a execución das obras do proxecto "mellora da accesibilidade ao barrio de Pontepedriña" á empresa ÁREA PROYECCIÓN, CONSTRUCCIÓN Y SERVICIOS SLU por un importe de 145.200,00 €.

 proxecto "mellora da accesibilidade ao barrio de Pontepedriña", adxudicada á empresa ÁREA PROYECCIÓN, CONSTRUCCIÓN Y SERVICIOS SLU por un orzamento de 145.200,00 € (base impoñible 120.000,00 € máis IVE do 21% 25.200,00 €), permitirá a construción de dous pasos sobre o río Sar, a pavimentación e axardinamento da zona con criterios de sostibilidade e a eliminación de barreiras arquitectónicas.

Enmarcada na Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado de Santiago, este proxecto creará percorridos que conecten o barrio co tecido urbano e xerará ou mellorarán espazos. Así, a actuación pretende mellorar a accesibilidade e a conectividade da zona con outros barrios da cidade con ese novo paso sobre o río que favorecerá a existencia dun percorrido transversal interno, creando novos itinerarios que terán continuidade no Ensanche e outras sendas como a de Sar.

Trátase dunha operación vinculada a Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado de Santiago de Compostela (EDUSI - REVIVE COMPOSTELA) cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvmento Rexional da Unión Europea.