Restauración do entorno dos rios Sarela, Sar e Vilar

Departamento que executa: Oficina de Rehabilitación e Vivenda

Obxectivo Temático: OT 6

Descrición da operación:

A operación de Restauración do entorno dos ríos Sarela, Sar e Vilar, consiste na renovación deste espazo natural e facelo máis accesible e entendible para o visitante.

A operación incluiría:

(1) A recuperación ambiental dO entorno de varios tramos dos citados ríos;

(2) a solución dos problemas de accesibilidade;

(3) a creación de zonas de esparcimento e descanso; e

(4) a implantación de recursos de comunicación para contribuir á revalorización do espazo a recuperar.

O ámbito sitúase no extremo sur do Concello de Santiago de Compostela a uns tres quilómetros ao surleste do seu casco histórico. O espazo sobre o que se actuará abrangue un sector comprendido entre o tramo final do río Sarela, un tramo medio do río Sar e o tramo final do regato Vilar.

Obxectivos

A restauración do entorno dos ríos Sarela, Sar e Vilar, ten como obxectivo básico establecer as medidas necesarias para a renovación deste espazo natural, mellorando as súas características biolóxicas, paisaxísticas e culturais para así garantir a súa protección e, ao mesmo, tempo facelo máis accesible e comprensible ao visitante.

Non se trataría, por tanto, simplemente de construir sendeiros e pontes para pasear senon de xerar un itinerario, dotado de contidos e narrativa adecuada, para que o público poda disfrutar e aprender mediante a recuperación dun entorno natural e cultural transformado ao longo dos seculos.

Con isto preténdese, ademais de favorecer as condicións de acceso e disfrute dos visitantes, mellorar a relación deste espazo natural coa contorna inmediata e coa cidade histórica de Santiago, conexión natural que formaba parte da rede de camiños tradicionais compostelanos e que foi interrompida bruscamente primeiro co la construcción do ferrocarril e despois coas autovías  viais perimetrais da cidade.

Orzamento: 461.665,98 € (FEDER 80% CONCELLO 20%)

Calendario:

Data prevista de inicio: Abril 2021

Data prevista de finalización: Setembro 2023

Estado de situación:

- Operación seleccionada como subvencionable 22 de abril de 2021

- Durante o segundo semestre do ano 2021 realizáronse sondaxes arqueolóxicas availativas por parte da empresa  MARIA DOLORES GIL AGRA, cun contrato por importe de 17.847,50 €

- Durante o mesmo periodo desenvolvéronse os traballos de topografía, roza, limpeza e estudo medioambiental, realizados pola empresa TOPOGRAFIA E XEOTECNIA  XEOTEC, SL cun contrato que ascendeu a 14.520 €

- Adxudicouse a redacción do proxecto á empresa REDONDO, VALLADARES Y RODRIGUEZ, SLP, o 30 de setembro de 2021, por importe de 17.240,50 € (Proxecto en Redacción)

- Adxudáronse travallos de intervención arqueoóxica avaliativa e limpeza á empresa TEMPOS ARQUEOLÓXICOS SL o 4 de abril de 2022 por importe de 16.843,20 €

- Contratáronse estudos xeotécnicos e hidráulicos á empresa TERRAE GEOCONSULTING, SL o 10 de maio de 2022 por importe de 15.878,47 €

- Proxecto entregado e en fase de aprobación (Xaneiro 2023).