Novas

A Xunta de Goberno da Federación Española de Municipios e Provincias acordou, na sesión celebrada o pasado 27 de outubro, designar o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, como representante da entidade no pleno da Rede de Iniciativas Urbana, en calidade de titular.

As recentes investigacións arqueolóxicas realizadas no exterior do castelo da Rocha Forte permitiron sacar á luz parte dun complexo sistema defensivo que protexería o acceso principal da fortaleza. Localizáronse dous tramos de muralla, un deles cunha torre circular encostada; e dous fosos.

Este mediodía abriuse á circulación a rúa Clara Campoamor, despois da reurbanización executada polo concello de Santiago que permitiu actuar sobre uns 800 metros de vial e sobre unha superficie duns 19.000 metros cadrados.

Con motivo das obras de reurbanización do vieiro de Clara Campoamor, esta rúa vai quedar cortada ao tráfico a partir das 8:00 horas de mañá xoves 14 de maio e ata o remate das obras.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantiveron esta mañá unha videoconferencia co equipo responsable das obras en execución na estación intermodal de Santiago de Compostela (estación de autobuses, pasarela e vieiro de Clara...

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este mércores cunha representación da veciñanza de San Ignacio de Loyola, á que lle explicou o proxecto para mellorar a accesibilidade deste conxunto de vivendas mediante a instalación de ascensores, así como os avances para sacar unha...