Mellora da Accesibilidade en Vivendas de Barrios Desfavorecidos

Departamento que executa: Oficina de Rehabilitación e Vivenda

Obxectivo Temático: OT 9

Descrición da operación:

A operación consiste na convocatoria de axudas en especie a cargo de fondos correspondentes á EDUSI cofinanciados por FEDER para a mellora da accesibilidade, a través da instalación de ascensores, de vivendas pertencentes a edificios incluidos dentro da Ordenanza 9 do Plan Xeral de Ordenación Municipal e que comparten a características de ter un alto volume de residentes que pertencen a colectivos desfavorecidos (especialmente persoas de avanzada idade con baixos recursos económicos).

Nesta operación darase prioridade a aqueles casos nos que a xestión para a execución das actuacións de dotación de ascensor presente unha especial dificultade na súa xestión por parte dos particulares dadas as características das solucións previstas no planeamento urbanístico por implicar o concurso de máis dunha comunidade de propietarios correspondientes a distintos edificios e pola eficacia da axuda.

As principais problemáticas ou carencias que xustifican a posta en marcha desta operación son as seguintes:

1.- A falta de accesibilidade do parque de edilicios da ordenanza 9 do PXM vixente, de mediados do seculo pasado.

2.- O acuciado envellecmiento da población residente orixinal e a súa escasa capacidade económica en xeneral.

3.- A problemática engadida de ter que poñer en común a varias comunidades de veciños de distintos edificios cuxa solución de accesibilidade requiere a instalación de un ascensor compartido.

 

Obxectivos

Obxectivo principal:

- Resolución da completa accesibilidade das vivendas.

Outros obxectivos xerais:

- Mellorar o medio ambiente urbano na súa dimensión ambiental, paisaxística y urbanística.

- Potenciar a cohesión social e territorial.

Obxectivos específicos:

- Instalación de 7 ascensores, resolviendo a accesibilidade de 14 edificios (98 vivendas) coa execución de todas as comunicacións e instalación necesarias (transformación de escaleiras, pasarelas, etc.) e adecuación dos entornos urbanos inmediatos.

Orzamento: 1.000.000 € (FEDER 80% CONCELLO 20%)

Calendario:

Data prevista de inicio: febreiro 2022

Data prevista de finalización: decembro 2023

Estado de situación:

- Operación seleccionada como subvencionable 18 de xullo de 2021

- Publicacion da convocatoria para a presentación de solicitudes para a REDACCIÓN DOS PROXECTOS que posteriormente darán lugar á instalación dos ascensores. o prazo para a presentación das solicitudes remata o 19 de xaneiro de 2023. 

- A convocatoria podese consultar aqui:  https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2022/12/19/2022_0000007887.pdf