Iniciativa Urbana Sostible de Patrimonio Natural e Emprego

Departamento que executa: Emprego

Obxectivo Temático: 9 Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación

Descrición da operación:

A operación consistirá na contratación de 18 persoas desempregadas cunha dobre finalidade:

  • Mellorar a súa empregabilidade e a inclusión social dos colectivos máis vulnerables
  • Realizar obras de recuperación de espazos naturais degradados para o disfrute de todolos cidadáns

En alternancia coa realización da obra, proporcionarase ás persoas participantes as prácticas axeitadas ás competencias profesionais da ocupación.

O Concello de Santiago, ao pór en marcha esta acción, busca estabilizar a prestación de servizos que melloren as condicións de empregabilidade para o acceso ao mercado de traballo local  e acaden un emprego estable e de calidade.

Orzamento: 356.552,61 € (FEDER 80% CONCELLO 20%)

Calendario:

Data prevista de inicio: Decembro 2020

Data prevista de finalización: Xuño 2023

Estado de situación:

- Decreto da Concelleira Delegada de Economía e Facenda coa aprobación da selección da operación dentro da Edusi con data 16 de outubro de 2020

- Selección do equipo de obras mediante convocatoria pública: Setembro de 2022.