Novas

15/06/2018
María Rozas

A Xunta de Goberno acordou hoxe remitir ao Ministerio de Facenda a ficha da operación para posta en marcha dun Centro de Excelencia Tecnolóxica de Emprego e Crecemento, de cara á súa inclusión no programa ReVive-Edusi Santiago.

08/06/2018
María Rozas

A Xunta de Goberno adxudicou este venres o contrato das obras de reurbanización das rúas Castrón Douro e Patio de Madres, unha das actuacións incluídas no programa ReVive Santiago. A actuación custará 1,1 millóns de euros, procedentes de fondos europeos vinculados á EDUSI.

18/05/2018
Martiño Noriega

A Xunta de Goberno acordou este venres iniciar o procedemento de adxudicación da redacción do proxecto de reurbanización da rúa Clara Campoamor, para adecuala á súa nova función de acceso á futura estación intermodal.

25/04/2018
Martiño Noriega pechando o acto presentación Edusi

O Concello presentou hoxe o programa ReVive Santiago, nun acto celebrado no Auditorio de Galicia coa participación de máis dun cento de representantes do tecido veciñal e asociativo da cidade.

24/04/2018
Presentación da web Revive Santiago

O Concello ven de poñer en marcha a nova web revivesantiago.gal, para facer máis clara e accesible toda a información vinculada á EDUSI, cuxas accións concretas forman parte do programa ReVive.

20/04/2018
Imaxe Río Sar

A Xunta de Goberno acordou hoxe remitir ao Ministerio de Facenda o proxecto "Iniciativa urbana sostible de patrimonio natural e emprego", para a súa inclusión na EDUSI e, xa que logo, o seu financiamento con fondos europeos FEDER

Páxinas