Órgano de participación
O Órgano de Participación, seguimento e avaliación da EDUSI de Santiago, é un órgano de carácter consultivo, informativo, de formulación de propostas e suxestións, de debate e asesor, que impulsa e serve de cauce á participación cidadá no desenvolvemento da Estratexia.
As principais funcións deste Órgano de Participación son as seguintes:
- Coordinación formal da iniciativa cidadá en torno a necesidades ou problemas concretos.
- Fortalecemento da democracia participativa.
- A dinamización dos procesos de participación cidadá na xestión dos asuntos e desafíos de interese común deste proxecto, servindo de vía para a xeración de propostas de traballo e de respostas aos retos que a realidade poida plantexar á estratexia e a cada unha das súas operacións.
- Ser un espazo de información, debate e reflexión en torno a necesidades ou problemas concretos referentes ás actuacións que se derivan do Plan de Implementación da Estratexia DUSI. Servir para o encontro e a coordinación entre a administración local co resto de interlocutores sociais da zona de actuación.
- Realizar un seguimento e avaliación das actuacións previstas no proxecto.
O Órgano de Participación, Seguimento e Avaliación constitúese en asemblea formada polas entidades representantes dos diferentes axentes veciñais, económicos e sociais máis representativos da cidade de Santiago coa seguinte distribución:
- 4 representantes do ámbito veciñal.
- 2 representantes dos ámbitos ambiental e patrimonial.
- 2 representantes dos ámbitos asistencial e social.
- 3 representantes dos ámbitos económico, empresarial e sindical.