Infraestrutura TIC para Administración Electrónica e Innovación

Departamento que executa: Servizo de Informática.

Obxectivo Temático: 2 Mellorar o uso e a calidade das TIC e o acceso ás mesmas.

Descrición da operación: A operación consiste na dotación da infraestrutura tecnolóxica necesaria para a posta en marcha da plataforma de administración electrónica e outros servizos relacionados, como é a infraestrutura de datos abertos e o portal web.

A operación materializaráse nas seguintes intervencións:

  • Portal Web Municipal.
  • Infraestrutura de telecomunicacións e mobilidade.
  • Infraestrutura de servidores para a plataforma de administración electrónica.
  • Postos de traballo informatizados para a plataforma de administración electrónica.
  • Sistema de dixitalización certificada e xestión documental para a plataforma de administración electrónica.

Orzamento: 1.200.000 € (FEDER 80% CONCELLO 20%)

Calendario

Data prevista de inicio: Xaneiro 2018

Data prevista de finanlización: Setembro 2023

Estado de situación:

As actuacións finalizadas a 31 de decembro de 2023 o momento son as seguintes: 

- Subministración de 350 postos de traballo informatizados.pola empresa BALIDEA CONSULTING & PROGRAMMING, SL

- Ampliación da infraestrutura de servidores feita pola empresa COREMAIN, S.L. 

- Subministración dunha rede de telecomunicacións e mobilidade por parte da empresa ACUNTIA, S.A.U.

- Subministración e implantación de 20 sistemas de alimentación ininterrompida para protexer a electrónia departamental e equipamentos máis críticos da administración electrónica por parte da empresa GRUMAR TRADIN, SL

- Subministración de electrónica de rede para a ampliación da infraestrutura de comunicacións e mobilidade pola empresa ACUNTIA, S.A.U.

- Subministración de dispositivos portátiles para o uso en mobilidade e teletraballo pola empresa HERBECON SYSTEMS, S.L. 

- Subministración e implantación dunha dobre barreira de seguridade (corporativa e perimetral) pola empresa SISTEEMAS AVANZADOS DE TECNOLOGÍA, S.A. 

Estando en execución a creación dun novo portal web, a aplicación móbil e a intranet municipal por parte da empresa RIAM INTERLEARNING LAB, SL. 

 

Algunhas fotos dos equipos subministrados: