
Reurbanización da Praza de León
A operación consistirá na Reurbanización da Praza de León, dentro do barrio de Pontepedriña, catalogado como Área de Rehabilitación Integral (ARI). Mediante esta operación deseñarase un espazo integrado, priorizando ao peón e o uso estancial e lúdico, convertíndoo nunha verdadeira praza central do barrio.
Obxectivos:
- Redeseño do espazo priorizando uso estancial e lúdico.
- Eliminación do tráfico rodado, permitindo en todo caso acceso de vehículos exclusivamente de residentes e puntual en casos de emerxencia.
- Unificación e integración do espazo, de modo que se lea como un e adquira carácter de praza.
- Integración de xogo de nenos de carácter singular na praza, que exercerá como pólo de atracción.
- Redeseño de pavimentación e axardinamento con criterios de sostibilidade (mínima intervención e mantemento).
- Eliminación de barreiras para asegurar a accesibilidade para todas as persoas. Intervirase nunha superficie total de 1.200 m2
Orzamento:
201.979,60 € dos que 161.583,68 € son a achega do FEDER.
Prazo:
31/12/2023
Estado Execución:
- Aprobación do proxecto de obra na XGL de 6/02/2023
- Inicio do expediente de licitación da obra en Xunta de Goberno Local do 7/3/2023 á empresa Área Proyección, Construcción y Servicios S.L.U.
- Adxudicación da obra na Xunta de Goberno Local de 26/05/2023 á empresa AREA PROYECCIÓN, CONSTRUCCIÓN Y SERVICIOS, S.L.U.
- Operación finalizada en Outubro de 2023





