
Infraestrutura TIC para Administración Electrónica e Innovación
Departamento que executa: Servizo de Informática.
Obxectivo Temático: 2 Mellorar o uso e a calidade das TIC e o acceso ás mesmas.
Descrición da operación: A operación consiste na dotación da infraestrutura tecnolóxica necesaria para a posta en marcha da plataforma de administración electrónica e outros servizos relacionados, como é a infraestrutura de datos abertos e o portal web.
A operación materializaráse nas seguintes intervencións:
- Portal Web Municipal.
- Infraestrutura de telecomunicacións e mobilidade.
- Infraestrutura de servidores para a plataforma de administración electrónica.
- Postos de traballo informatizados para a plataforma de administración electrónica.
- Sistema de dixitalización certificada e xestión documental para a plataforma de administración electrónica.
Orzamento: 1.200.000 € (FEDER 80% CONCELLO 20%)
Calendario:
Data prevista de inicio: Xaneiro 2018
Data prevista de finanlización: Setembro 2023
Estado de situación:
As actuacións finalizadas a 31 de decembro de 2023 o momento son as seguintes:
- Subministración de 350 postos de traballo informatizados.pola empresa BALIDEA CONSULTING & PROGRAMMING, SL
- Ampliación da infraestrutura de servidores feita pola empresa COREMAIN, S.L.
- Subministración dunha rede de telecomunicacións e mobilidade por parte da empresa ACUNTIA, S.A.U.
- Subministración e implantación de 20 sistemas de alimentación ininterrompida para protexer a electrónia departamental e equipamentos máis críticos da administración electrónica por parte da empresa GRUMAR TRADIN, SL
- Subministración de electrónica de rede para a ampliación da infraestrutura de comunicacións e mobilidade pola empresa ACUNTIA, S.A.U.
- Subministración de dispositivos portátiles para o uso en mobilidade e teletraballo pola empresa HERBECON SYSTEMS, S.L.
- Subministración e implantación dunha dobre barreira de seguridade (corporativa e perimetral) pola empresa SISTEEMAS AVANZADOS DE TECNOLOGÍA, S.A.
Estando en execución a creación dun novo portal web, a aplicación móbil e a intranet municipal por parte da empresa RIAM INTERLEARNING LAB, SL.
Algunhas fotos dos equipos subministrados:





