Reordenación do vial Clara Campoamor
Departamento que executa: Servizo de Planeamento e Xestión Urbanística
Obxectivo Temático: OT 4 Favorecer o paso a unha economía baixa en carbono en todos os sectores.
Descrición da operación:
A operación consiste na reordenación do vial Clara Campoamor, para configurala como parte esencial dos percorridos a pé entre zonas da cidade hoxe en día mal conectadas, e como vía principal de aceso á nova estación intermodal de modo que se consiga:
- Posibilitar a circulación desde o norte e desde o sur para os autobuses e as correspondentes manobras de entrada e saída á terminal de autobuses da estación intermodal.
- Posibilitar a circulación integrada co entorno urbano e acesos á estación intermodal para peóns e ciclistas.
- Potenciar a permeabilidade mediante a conexión cos itinerarios e espazos libres adxacentes, entre os que destacan o futuro parque As Brañas do Sar, a futura praza de aceso desde o sur á estación e os percorridos desde a trama urbana do entorno da rúa.
- Favorecer a calidade do medio ambiente urbano para a cidadanía.
- Racionalización técnica e económica, procurando o aproveitamento da infraestrutura existente na medida do posible, prevalecendo en todo caso os obxectivos anteriores.
Orzamento: 1.644.813,94 € (FEDER 80% CONCELLO 20%)
Calendario:
Data prevista de inicio: Febreiro 2019
Data prevista de finalización: Abril 2020
Estado de situación:
- Aprobación da selección da operación dentro da Estratexia DUSI por Decreto resolución da Concelleira Delegada de Economía, Facenda e Administración con data 15 de marzo de 2019.
- Aprobación de expediente e gasto e apertura de procedemento aberto de adxudicación das obras Reurbanización da rúa Clara Campoamor por Acordo en XGL extraordinaria de data 1 de outubro de 2019. Tipo de licitación 1.292.450,36 € (sin IVE).
- Anuncio de licitación na Plataforma de Contratación do Sector Público publicado o día 7 de outubro de 2019 e Perfil do Provedor da páxina web do concello de Santiago
http://www.santiagodecompostela.gal/e_santiago/contratacion.php?id=1514&...
- Acordo de Adxudicación do Contrato Execución das obras da Reurbanización da rúa Clara Campoamor na Xunta de Goberno Local de data 17 de febreiro de 2020, á empresa ACCIONA CONSTRUCCIÓN SA (A81638108) por importe 1.397.782,48 €.
- Obra finalizada en xaneiro de 2021.
Algúnhas fotos da actuación