Actualización do Plan de Mobilidade Urbana Sostible

Departamento que executa: Servizo de Planeamento e Xestión Urbanística.

Obxectivo Temático: 4 Favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores.

Descrición da operación: Elaborar a revisión e actualización do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) integrado polas fases de información, análise, diagnose e planificación estratéxica das accións que se determinen , a acometer cunha cadencia temporal axeitada para a consecución dos obxetivos e fins establecidos. Dúas son as intencións da actualización do PMUS: Unha, incorporar decididamente a mobilidade a pé e a bicicleta aos modos de mobilidade urbana, para o que será necesario en última instancia reconfigurar parte do espazo viario, incorporándo ás actuais avenidas e rúas - espazos propios ou compartidos -  para estes outros modos de mobilidade. E outra, fomentar o transporte público, con vehículos e paradas adaptados a todas as persoas.

Con esta operación trátase de lograr unha mellora real e constatable na mobilidade global do municipio, dando prioridade ao transporte público e aos modos non motorizados de desprazamento, tendo en conta, tanto os desprazamentos entre a cidade e a súa contorna rural e urbana, como as pelularidades dos desprazamentos internos. Estas medidas de planificación da mobilidade redundarán nun apreciable descenso do número de emisións contaminantes en CO2 e ruídos, redundando así, na mellora da saúde do conxunto de habitantes permanentes e ocasionais.

Orzamento: 200.000 € (FEDER 80% CONCELLO 20%)

Estado de situación:

- Aprobación da selección da operación dentro da Estratexia DUSI por Acordo da Xunta de Goberno Local de data 11 de agosto de 2017.

- Acordo XGL de data 25 de maio de 2020 Aprobación de expediente, gasto e apertura do procedemento de adxudicación mediante procedemento aberto da "Revisión do Plan de Mobilidade Urbana Sostible PMUS", establecéndose un tipo de licitación de 165.289,26 € (IVE aparte).

- Publicación na Plataforma de Contratación do Sector Público anuncio de Licitación contratación da Revisión do Plan de Mobilidade Urbana Sostible PMUS o día 8 de xuño de 2020. Valor estimado 165.289,26 € (sen IVE). Data límite presentación propostas o día 23 de xuño de 2020. 

http://www.santiagodecompostela.gal/e_santiago/contratacion.php?id=1546&...

- Adxudicada a acualización do PMUS á empresa  CPS INFRAESTRUCTURAS MOVILIDAD Y MEDIOAMBIENTE S.L por 139.936,50 €, na Xunta de Goberno Local do 10 de outubro de 2022.

- Operación rematada en novembro de 2023