Smarter Together

Que é Smarter Together, quen participa e cal é o seu obxectivo?

Smarter Together, solucións intelixentes e inclusivas para mellorar a vida nos distritos urbanos, é un dos proxectos europeos financiados polos fondos Horizon 2020 da Unión Europea. Os seus principais obxectivos son preparar o terreo para a replicación de solucións a gran escala e garantir a transferencia de coñecementos sobre a creación de modelos de negocio intelixentes e a innovación centrada no usuario.

No proxecto participan 30 socios de 8 países entre os que se atopan universidades, empresas, organizacións tecnolóxicas e de investigación, etc.

As Cidades Faro (Lyon, Munich e Viena) desenvolven unha serie de actuacións dentro do marco do proxecto, que implementan nas súas respectivas áreas de demostración na cidade co apoio dos principais socios.

Pola contra, o papel das Cidades Seguidoras (Santiago de Compostela, Venecia e Sofía) é desenvolver un estudo de implementación (smart city roadmap) para o seu propio proxecto de cidade intelixente, así como beneficiarse do acceso aos coñecementos e resultados do proxecto e da participación nas reunións internacionais.

Os resultados esperados da execución das accións nas Cidades Faro son os seguintes:

  • Rehabilitar máis de 151.800 m2 , principalmente de vivenda social, con aproximadamente un 50-60% de redución de consumo enerxético e emisións de CO2.

  • Instalar 14,6 MW de potencia renovable nos distritos.

  • Implantar entre 10 e 15 solucións de mobilidade sustentable para pasaxeiros e mercancías.

  • Investir 130 millóns de euros nas áreas de demostración das Cidades Faro creando 1400 novos postos de traballo no sector da construción.

Todas estas accións serán desenvolvidas co apoio das solucións integradas TIC e co diálogo cos cidadáns e cidadás.

Estas medidas directas terán beneficios sociais indirectos para os cidadáns, autoridades públicas e outros actores locais, incluíndo novas oportunidades de negocio, facturas de enerxía máis baixas nas áreas de demostración, estratexias de datos orientadas a cidadáns e mellora da capacidade de co-creación a nivel local.

Qué papel ten a cidade de Santiago no marco do proxecto?

Santiago, ao igual que as outras Cidades Seguidoras, traballa no proxecto co fin de establecer as súas propias medidas intelixentes, baseadas nas experiencias e mellores prácticas das Cidades Faro, adaptadas ás necesidades dos cidadáns nos diferentes temas que aborda Smarter Together.

Estas medidas, así como o seu plan para implementalas, serán definidas entre os diferentes axentes involucrados: administración, cidadáns e outros axentes externos como empresas ou asociacións.

O papel da cidade é o de participar nas asembleas e obradoiros para integrarse na rede de axentes que aportarán a súa experiencia e coñecemento para a co-creación de novas solucións a implementar e que posteriormente serán transferibles a Santiago como Cidade Seguidora.

Cales son os cinco temas centrais que aborda?

  1. Centro e plataforma integrada de datos: As tres Cidades Faro comparten a visión dunha cidade intelixente orientada ao cidadán e teñen a intención de asegurarse de que a recompilación de datos beneficia á interese do público, respecta a privacidade, considera a seguridade dos datos e permite innovacións nos servizos intelixentes. Na actualidade, Lyon, Munich e Viena participan en estratexias abertas de datos e executan plataformas de datos abertas. No marco do proxecto, cada Cidade Faro actualizará os seus sistemas en Plataformas de Datos Intelixentes integrando novos conxuntos de datos de enerxía e mobilidade. As Plataformas de Datos Intelixentes empregarán interfaces de programación de aplicacións (APIs) abertas, estandarizadas e ben documentadas para compartir datos con terceiros con diferentes niveles de licencias para manter o control dos datos.
  2. Participación e compromiso cidadán: os obxectivos principais son proporcionar e difundir información sobre o proxecto ás partes interesadas e solicitar opinións e feedback con respecto á optimización de medidas técnicas. As accións que se levarán a cabo son o desenvolvemento de Laboratorios urbanos e outros procesos colaborativos cona xentes externos.
  3. Rehabilitación enerxética en edificios: O obxectivo é realizar unha eco-renovación en edificios residenciais públicos e privados nas áreas de demostración. Isto é, facelo de forma integral tendo en conta non só as edificacións senón o seu contexto: problemas de mobilidade, uso das TIC para integración e xestión dos datos, involucrar aos usuarios finais no proceso, etc. As áreas das Cidades Faro presentan retos legais e sociais específicos que requiren diferentes aproximacións en xestión, regulación e comunicación. Estas zonas seguen uns estándares enerxéticos ambiciosos (desenvolveranse distritos de baixa enerxía únicos no seu tipo) que van máis aló dos requisitos legais para os proxectos de renovación en Francia, Alemania e Austria. O obxectivo das Cidades Faro é minimizar o consumo enerxético nun 60% dos conxuntos residenciais principalmente formados por bloques de apartamentos propiedade de asociacións de vivenda ou propiedade conxunta. As solucións de eficiencia enerxética que se aplicarán para alcanzar estes obxectivos serán:
  4. District heating e enerxías renovables: O obxectivo do proxecto é reducir drasticamente a emisión de gases de efecto invernadoiro relacionados coa subministración de enerxía nas cidades, mellorando a eficiencia das redes de enerxía existentes e aumentar a utilización de fontes de enerxía locais. As cidades seguidoras deben aspirar a mellorar o seu rendemento enerxético e aumentar o uso de enerxías renovables co fin de acadar os obxectivos de redución de consumo e emisións nun 40% no ano 2030.
  5. Mobilidade sustentable: O obxectivo é reducir o uso dos vehículos convencionais ofrecendo outras alternativas para que diminúa tanto a contaminación como a pegada de carbono. O proxecto proporcionará solucións de mobilidade eléctrica sustentable, co-creadas xunto cos cidadáns e dirixidas ao usuario.