FEDER 2014-2020
Período de Programación 2014 -2020
EDUSI SANTIAGO DE COMPOSTELA
- Programa Operativo Plurirrexional de España – PO Crecemento Sostible
- Concellaría responsable: Concellaría de Economía, Facenda e Administración
- Estado do proxecto: EN EXECUCIÓN
- Periodo: Xaneiro 2014 – Decembro 2020.
- Descrición do proxecto: A EDUSI formulouse a partir da identificación dos problemas e dos retos urbanos de Compostela desde o punto de vista económico, ambiental, demográfico, climático e social. A partir dunha análise global e integrada do territorio chegouse a unha serie de conclusións que permitiron facer un diagnóstico da situación a través da metodoloxía DAFO. As prioridades de actuación derivadas desa análise foron contrastadas coa cidadanía e a partir de ahí deseñáronse os tres VECTORES ESTRATÉXICOS que determinan os obxectivos a alcanzar a longo prazo: unha COMPOSTELA ACCESIBLE: unha aposta pola mobilidade sostible e por un concepto amplo de accesibilidade universal que chegue a servizos e dotacións. COMPOSTELA INCLUSIVA: accións para a posta en valor dos barrios e asentamentos de poboación “non centrais”, en todos os sentidos, para derivar na cidade policéntrica, a cidade vivida, a cidade dos barrios. Unha COMPOSTELA PATRIMONIAL: a posta en valor do binomio patrimonio natural-cultural: verde e auga-pedra.
- Orzamento: 12.500.000 € ( 80% FEDER: 10.000.000 €, 20% Aportación Concello de Santiago de Compostela: 2.500.000 €).
SMARTIAGO
- Programa Operativo Plurirrexional de España – PO Crecemento Intelixente
- Concellaría responsable: Departamento de Informática
- Estado do proxecto: EN EXECUCIÓN
- Periodo: Xaneiro 2014 – Decembro 2020.
- Descrición do proxecto: Estratexia para responder aos retos da innovación coa posta en marcha da folla de ruta cun conxunto de solucións tecnolóxicas innovadoras no ámbito das cidades intelixentes.
- Orzamento: 6.180.000 € ( 80% FEDER: 4.944.000 €, 10% Aportación Concello de Santiago de Compostela: 618.000 €, 10% Convenio Gain: 618.000 €).
https://smartiago.santiagodecompostela.gal/
ATLANTIC SOCIAL LAB
- INTERREG Espacio Atlántico
- Concellaría responsable: Departamento de Orzamentos
- Estado do proxecto: EN EXECUCIÓN
- Periodo: Ata Novembro 2019.
- Descrición do proxecto: Ten como obxectivo impulsar a creación de novas solucións nos servizos de benestar social e poñer en práctica métodos de participación activa da cidadanía que contribúan ao desenvolvemento exitoso das rexións atlánticas.
- Orzamento: 170.000 € ( 75% FEDER: 127.500 €, Aportación Concello de Santiago de Compostela: 42.500 €). Orzamento total do proxecto 1,6 millóns de euros.
- Xefe de Fila do Proxecto: Concello de Avilés.
- Socios do proxecto: Concello de Santiago, Concello de Cork (Irlanda), Universidade de Glasgow Caledonian (Reino Unido), Universidade de Coimbra (Portugal), as axencias de apoio ao emprendemento social CRESS Bretagne (Francia) e Enterprise North West (Reino Unido), a Comunidade Intermunicipal do Ave (Portugal) e a Aglomeración de Pau-Pyrénées, en Francia.
http://www.atlanticsociallab.eu/