Reurbanización da Praza de León

A operación consistirá na Reurbanización da Praza de León, dentro do barrio de Pontepedriña,  catalogado como Área de Rehabilitación Integral (ARI). Mediante esta operación deseñarase un espazo integrado, priorizando ao peón e o uso estancial e lúdico, convertíndoo nunha verdadeira praza central do barrio.

Obxectivos:

- Redeseño do espazo priorizando uso estancial e lúdico.

- Eliminación do tráfico rodado, permitindo en todo caso acceso de vehículos exclusivamente de residentes e puntual en casos de emerxencia.

- Unificación e integración do espazo, de modo que se lea como un e adquira carácter de praza.

- Integración de xogo de nenos de carácter singular na praza, que exercerá como pólo de atracción.

- Redeseño de pavimentación e axardinamento con criterios de sostibilidade (mínima intervención e mantemento).

- Eliminación de barreiras para asegurar a accesibilidade para todas as persoas. Intervirase nunha superficie total de 1.200 m2

Orzamento: 

201.979,60 € dos que 161.583,68 € son a achega do FEDER. 

Prazo: 

31/12/2023

Estado Execución:

- Aprobación do proxecto de obra na XGL de 6/02/2023

- Inicio do expediente de licitación da obra en Xunta de Goberno Local do 7/3/2023