Reordenación do Viario Municipal

Departamento que executa: Servizo de Planeamento e Xestión Urbanística

Obxectivo Temático: 4 Favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores.

Descrición da operación: A operación consistirá na reordenación do Viario Estruturante Municipal e estará formada polo conxunto de actuacións dirixidas a rehabilitar e revitalizar a cidade mellorando o entorno urbano e o seu medio ambiente.

A operación pretende a planificación e execución de actuacións estratéxicas coherentes e concatenadas dirixidas a encauzar o tráfico de acceso e saída da cidade polos viarios estruturantes de carácter non urbano (viarios uo tramos viarios xestionados polo Ministerio de Fomento e/ou pola Dirección Xeral de Estradas da Xunta de Galicia) para descargar de tráfico rodado de vehículos particulares o que para este caso denominamos viarios estruturantes de carácter urbano, fomentando esa calidade funcional e espacial de urbanidade ao reducir tanto a cantidade de vehículos de paso, como a velocidade de circulación polos mesmos, incorporando usos estanciais e o uso peonil e da bicicleta como modos de desprazamento preferentes na sección transversal dos tramos viarios e especialmente nos cruces, e interseccións.

O obxectivos xerais son:

  • Mellorar o medio ambiente urbano na súa dimensión ambiental, paisaxística e urbanística polo impacto que ten no benestar da poboación, e promocionar a cohesión social e territorial e a competitividade, tal e como corresponde a unha área prioritaria do desenvolvemento urbano sostible.
  • Mitigar problemas de declive urbano e ambiental e estimular novas dinámicas de desenvolvemento.
  • Mellorar a calidade do aire urbano, en líña co establecido pola Ley 34/2007 de calidade do aire e protección da atmósfera.
  • Reducir a contaminación acústica urbana, en liña cos obxectivos de calidade acústica fixados pola Ley 37/2003, do ruído. Mellorar o estado dos solos urbanos, recuperándoos para usos públicos amables co medio ambiente.
  • Redución da contaminación atmosférica e acústica e protección da biodiversidade das áreas urbanas.

Os obxectivos específicos son:

  • Mellorar a funcionalidade viaria para o uso do transporte público urbano e interurbano nos accesos á cidade dende o suroeste e dende o noreste.
  • Incorporar ao viário estruturante de carácter urbano  mobilidade ciclista e peonil, propoñendo e fomentando o uso de outros viários alternativos existentes e específicos –de carácter non urbano- para a mobilidade rodada de aceso e Saída da cidade.

Orzamento: 200.000 €

Calendario:

Data prevista de inicio: Setembro 2017

Data prevista de finalización: Decembro 2018

Estado de situación:

- Aprobación da selección da operación dentro da Estratexia DUSI por Acordo da Xunta de Goberno Local de data 17 de novembro de 2017.

- Aprobación en Xunta de Goberno Local do expediente do Servizo de redacción de proxecto básico e executivo e de redacción de proxecto de seguridade e saúde, dirección facultativa superior e media de coordinación de seguridade e saúde da Reurbanización da Rúa Clara Campoamor, con data 18 de maio de 2018.

- Publicación no Perfil de Contratante: 

http://santiagodecompostela.gal/e_santiago/contratacion.php?id=1446&lg=gal

- Documentos relacionados:

ACORDO XG MODIFICACION PREGO ADMINISTRATIVO:

 http://santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON_4_201...

ACORDO INICIO: 

http://santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON_4_201...

ESTUDO ECONOMICO GASTO EDUSI:

 http://santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON_4_201...

ESTUDO ECONOMICO: 

http://santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON_4_201...

INFORME NECESIDADE E IDONEIDADE: 

http://santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON_4_201...

PREGO TECNICO: 

http://santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON_4_201...

PREGO ADMINISTRATIVO MODIFICADO EN XG 1 XUÑO 2018: 

http://santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON_4_201...

ANUNCIO PLATAFORMA CONTRATACION ESTADO: 

http://santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON_4_201...