Reordenación do vial Clara Campoamor

Departamento que executa: Servizo de Planeamento e Xestión Urbanística

Obxectivo Temático: OT 4 Favorecer o paso a unha economía baixa en carbono en todos os sectores.

Descrición da operación:

A operación consiste na reordenación do vial Clara Campoamor, para  configurala como parte esencial dos percorridos a pé entre zonas da cidade hoxe en día mal conectadas, e como vía principal de aceso á nova estación intermodal de modo que se consiga:

  • Posibilitar a circulación desde o norte e desde o sur para os autobuses e as correspondentes manobras de entrada e saída á terminal de autobuses da estación intermodal.
  • Posibilitar a circulación integrada co entorno urbano e acesos á estación intermodal para peóns e ciclistas.
  • Potenciar a permeabilidade mediante a conexión cos itinerarios e espazos libres adxacentes, entre os que destacan o futuro parque As Brañas do Sar, a futura praza de aceso desde o sur á estación e os percorridos desde a trama urbana do entorno da rúa.
  • Favorecer a calidade do medio ambiente urbano para a cidadanía.
  • Racionalización técnica e económica, procurando o aproveitamento da infraestrutura existente na medida do posible, prevalecendo en todo caso os obxectivos anteriores.

Orzamento: 1.644.813,94 € (FEDER 80% CONCELLO 20%)

Calendario:

Data prevista de inicio: Febreiro 2019

Data prevista de finalización: Abril 2020

Estado de situación:

- Aprobación da selección da operación dentro da Estratexia DUSI por Decreto resolución da Concelleira Delegada de Economía, Facenda e Administración con data 15 de marzo de 2019.

- Aprobación de expediente e gasto e apertura de procedemento aberto  de adxudicación das obras Reurbanización da rúa Clara Campoamor por Acordo en XGL extraordinaria de data 1 de outubro de 2019. Tipo de licitación 1.292.450,36 € (sin IVE).

- Anuncio de licitación na Plataforma de Contratación do Sector Público publicado o día 7 de outubro de 2019 e Perfil do Provedor da páxina web do concello de Santiago

http://www.santiagodecompostela.gal/e_santiago/contratacion.php?id=1514&...

 

Rúa de Clara Campoamor

Rúa de Clara Campoamor
Santiago de CompostelaA Coruña, Galicia 15702
España