Rehabilitación do edificio "Casa das Máquinas"

Departamento que executa: Programación e Proxección e Proxectos e Obras

Obxectivo Temático: 6 Conservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos

Descrición da operación:

A operación consiste na rehabilitación e acondicionamento do edificio denominado "Casa de las Máquinas", catalogado como elemento patrimonial dentro do Plan Especial de Protección da Ciidade Histórica de Santiago, para ser destinado a espazo socio-cultural de interese turístico que albergará exposicións e eventos. 

Con esta intervención perséguense os obxectivos seguintes:

  • Rehabilitar un elemento patrimonial de valor histórico-artístico da cidade
  • Dotar o edificio de equipamento demandado pola cidadanía, tanto a nivel sociocultural como turístico

Os criterios de aplicación para a consecución dos obxectivos son:

  • Completar a rehabilitación co acondicionamento interior do inmoble que permita a súa posta en servizo
  • Crear un espazo polivalente que permita combinar o uso principal de interese turístico vinculado ao Camiño co sociocultural demandado polos propios veciños.

Orzamento: 181.459,88 € (FEDER 80% CONCELLO 20%)

Calendario:

Data prevista de inicio: Outubro 2020

Data prevista de finalización: decembro  2022

Estado de situación:

- Decreto da Concelleira Delegada de Economía e Facenda aprobación da selección da operación dentro da Edusi con data 26 de outubro de 2020

-  Adxudicación da obra de Acondicionamento Interior da Casa das Máquinas pola Xunta de Goberno Local do 25 de abril de 2022, á Empresa ESQUEIRO, SL, por importe de 166.909,43 € 

- Adxudicación da Dirección Facultativa para a obra de Acondicionamento Interior da Casa das Máquinas o 24 de maio de 2022 á empresa TERAN Y BLANCO, TALLER DE ARQUIOTECTURA, SLP, por importe de 12.765,50 € 

 

 

 

Rúa Galeras

1 Rúa das Galeras
Santiago de CompostelaA Coruña, Galicia 15705
España