Rede de Itinerarios Sostibles para a Redución da Pegada de Carbono
Descrición e obxectivos
A operación consiste na incorporación ao deseño urbano da cidade dunha rede de itinerarios sostibles que permita fomentar a utilización da bicicleta como sistema de transporte brando, de menor ou nulo impacto a efectos de emisións. Así mesmo e de maneira colateral, a implantación desta rede permitirá recuperar espazo público a favor do peón e reducirá o uso do vehículo motorizado dentro da cidade.
Coa posta en marcha desta operación cofinanciada polo FEDER, desenvolverase a primeira fase dunha serie de actuacións destinadas á implementación de carrís-bici na cidade, e que darán contido ao Plan Director de Mobilidade Ciclista actualmente en redacción, e que será coherente co que marcará a actualización do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS). Nesta primeira fase, poranse a disposición 4km de carriles-bici nas rúas Amor Ruibal, Hórreo, Avenida de Lugo e Avenida Romero Donallo, e que darán continuidade ao carril bici xa dispoñible na Avenida Clara Campoamor, que dá acceso á nova estación intermodal de Santiago. A principal carencia e problemática que intenta resolverse coa posta en marcha desta operación, é a falta dunha rede de itinerarios ciclistas dentro da cidade de Santiago e a excesiva dependencia do vehículo privado nos deprazamientos dentro da cidade, co que isto supón en termos de emisións de C02 e de contaminación acústica.
A operación persegue dous obxectivos principais:
- Redución de emisións de CO2
- Fomento do uso de sistemas de transporte “brandos”
Deste xeito a actuación enmárcase no Vector Estratéxico “Compostela Accesible” da EDUSI dentro da Liña de Actuación “LA6. Fomento da mobilidade urbana sostible”, coa seguintes contribucións directas:
1. Redución de emisións.
2. Redución de viaxes particulares en modo motorizado.
3. Incremento de uso de medios de transporte brandos.
4. Aumento de espazos peatonais.
Orzamento da operación
A operación terá unorzamento de 308.519,40 € dos que 246.815,52 € serán a achega do FEDER.
Prazo de execución
A operación executarase ata o 31/12/2023