Recuperación do Campus Sur para o cidadán
Departamento que executa: Programación e Proxección e Proxectos e Obras
Obxectivo Temático: OT 6
Descrición da operación: A operación consistirá na rehabilitación e rexeneración dun elemento esencial do patrimonio histórico, artístico e cultural de Santiago. A zona denominada "Conxunto da Residencia Universitaria" no Campus Sur da cidade, unha zona especialmente protexida, situada á entrada da cidade histórica e nexo de unión entre os Camiños de Santiago de Fisterra e a Ruta da Prata.
Orzamento: 419.392,16 € (FEDER 80%, CONCELLO 20%)
Calendario:
Data prevista de inicio: Setembro 2020
Data prevista de finalización: Abril 2022
Estado de situación:
Aprobación da selección da operación dentro da Edusi por Resolución da Concelleira delegada de Economía e Facenda con data 22 setembro de 2020