Programa de Sensibilización Social e Igualdade entre Mulleres e Homes

Departamento que executa: Departamento de Igualdade

Obxectivo Temático: Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación.

Descrición da operación:   A operación consistirá na execución de tres actividades destinadas a promover as accións de sensibilización e de promoción da igualdade entre mulleres e homes. A operación abarca tres ámbitos de implementación que contribúen á erradicación da desigualdade de xénero e pretenden facer da cidade un municipio inclusivo: 

1.- Vertente de prevención da violencia de xénero, expoñente máximo da desigualdade e da discriminación de xénero, implicando na sensibilización sobre esta lacra ao comercio e hostalería compostelá e tecendo unha rede a nivel autonómico.

2.- Vertente cidadá, a través de Territorio de Mulleres, implicando á cidadanía nunha rede europea amigable coas mulleres e con concepto de igualdade real e efectiva.

3.- Vertente social, a través da Casa das Mulleres, implicando aos colectivos sociais de mulleres e feminista, canle transmisor das inquietudes e necesidades fundamentais de máis da metade da poboación.

As 3 actividades que contribuirán a cada un destes ámbitos son as seguintes:

a) Programa de sensibilización contra a violencia de xénero “Compostela en Negro”. Campañas de sensibilización para visibilizar e denunciar as violencias de xénero que padecen moitas mulleres na súa vida cotiá, na escola, no traballo, pero principalmente no fogar. Os obxectivos son: 

  • Aumentar a concienciación social sobre a problemática da violencia de xénero
  • Implicar á cidadanía e os axentes sociais, culturais e económicos do municipio nunha resposta colectiva de repulsa á violencia de xénero
  • Identificar, transmitir e pór o foco en determinados comportamentos e expresións verbais vinculadas á violencia de xénero

b) O proxecto Compostela Territorio de Mulleres. Constitúe un proceso híbrido e participativo co que se pretende implicar á cidadanía na construcción dun modelo de cidade máis xusto e amigable para e coas mulleres. No mesmo, intégranse unha serie de accións diversificadas como: o mapeo do territorio, a organización de itinerarios guiados ou  paseos, a divulgación de recursos ou iniciativas que se organizan na cidade, a recuperación da memoria histórica das mulleres, etc. Os obxectivos son:

  • Habilitar un espazo de confluencia para os recursos que están traballando a favor da igualdade de xénero na cidade, en diferentes ámbitos, e deste modo darlles maior visibilidade, centralidade e accesibilidade.
  • Implicar a novos axentes sociais e ao sector económico da cidade para que no marco da súa actividade cotiá, nos seus espazos e nas súas organizacións tamén promovan a igualdade de xénero.
  • Visibilizar e analizar as brechas de xénero que atravesan as diferentes esferas das nosas vidas; e crear e deseñar ferramentas que permitan transversalizar o enfoque de xénero nas políticas municipais

c) Programa de dinamización social na Casa das Mulleres. A Casa das Mulleres é, por unha parte  un espazo para articular a todos os colectivos e asociacións que loitan por erradicar a desigualdade, converténdose nun lugar de encontro para xerar fortalezas e sinerxias e, por outra parte e non menos importante, a Casa é un espazo para facer medrar e fortalecer o movemento feminista, xa que a través da sensibilización, e grazas á programación (cursos, talleres, formación, charlas…) as mulleres articúlanse aumentando así o movemento feminista.Os obxectivos do proxecto da Casa das Mulleres son:

  • Coxestionar a Casa das Mulleres entre as entidades e usuarias participantes e o Concello de Santiago de Compostela
  • Propiciar unha xestión participativa, aberta  ás mulleres da cidade
  • Facilitar/promover procesos de empoderamento das mulleres a través de actividades feministas
  • Incidir nas políticas de igualdade
  • Construir alianzas e redes feministas para a consecución dos obxectivos anteriores

Orzamento: 175.000 € (FEDER 80% CONCELLO 20%)

Calendario

Data prevista de inicio: Setembro 2017

Data prevista de finalización: Decembro 2019

Estado de situación:

- Aprobación da selección da operación dentro da Estratexia DUSI por Acordo da Xunta de Goberno Local o día 18 de agosto de 2017.

Ano 2017 Campaña Día Internacional contra a violencia de xénero

  

Ano 2020: Programa COMPOSTELA TERRITORIO DE MULLERES

Acordo XGL de data 25 de maio de 2020 Aprobación do expediente, gasto e apertura do procedemento de adxudicación mediante procedemento aberto simplificado do "Servizo para a implementación do Programa Compostela Territorio das Mulleres 2018-2019", establecéndose un tipo de licitación de 61.983,47 € (IVE aparte).

Publicación anuncio de Licitación do Servizo para a Implementación do Programa Compostela Territorio das Mulleres na Plataforma de Contratación do Sector Público o día 26 de xuño de 2020. Tipo de licitación (sen IVE) 61.938,47 €. Data límite para a presentación de propostas o día 13 de xullo de 2020.

http://www.santiagodecompostela.gal/e_santiago/contratacion.php?id=1549&...

Acordo XGL de data 6 de novembro de 2020 Adxudicación do contrato "Servizo para a implementación do Programa Compostela Territorio das Mulleres 2018-2019" a favor da empresa ATLANTIC PONTE 2000 SLU (B70232012) por importe 71.992,58 €

2020: Coordinación e Funcionamento da CASA DAS MULLERES XOHANA TORRES

Acordo XGL de data 8 de xuño de 2020 Aprobación do expediente, gasto e apertura do procedemento de adxudicación mediante procedemento aberto simplificado do "Servizo para a coordinación e funcionamento da Casa das Mulleres Xohana Torres", establecéndose un tipo de licitación de 41.322,31 € (sen IVE).

Publicación anuncio de Licitación do Servizo para a coordinación e funcionamento da Casa das Mulleres Xohana Torres na Plataforma de Contratación do Sector Público o día 22 de xuño de 2020. Tipo de licitación 41.322,31 € (sen IVE)  €. Data límite para a presentación de propostas o día 7 de xullo de 2020.

http://www.santiagodecompostela.gal/e_santiago/contratacion.php?id=1547&...

Acordo XGL de data 6 de novembro de 2020 Adxudicación do contrato "Prestación do servizo para a coordinación e funcionamento da Casa das Mulleres Xohana Torres" a favor da empresa DESENVOLVEMENTO LOCAL GALEGO SL (B70292081) por importe 47.976,50 €

- Outubro 2022 Rematada a execución dos contratos incluidos nesta operación: "Compostela Territorio das Mulleres" e "Coordinación da Casa das Mulleres Xohana Torres". 

- Memoria final "COMPOSTELA TERRITORIO DAS MULLERES"  

http://revivesantiago.gal/sites/portaledusi/files/memoria_final_composte...

- Memoria final "CASA DAS MULLERES XOHANA TORRES"

http://revivesantiago.gal/sites/portaledusi/files/memoria_final_casa_xoh...