Programa de fomento da cultura emprendedora Aposta por Tí Aposta polo Teu Barrio
Departamento que executa: Oficina de Promoción Económica
Obxectivo Temático: OT 9
Descrición da operación:
Posta en marcha dun conxunto de actividades destinadas a traballar as competencias emprendedoras, mellorando a identificación e lanzamento de novos proxectos empresariais, acercando a cultura empresarial e as competencias clave para o emprendimento aos seguientes colectivos:
- Mulleres
- Persoas en situación de risco de exclusión social
- Xuventude
- Poboación de barrios periféricos e zona rural do Concello
A operación contribuirá á consecución das metas da Estrategia DUSI de Santiago de Compostela na OT9 e a promoción da inclusión social, fomentando mercados laborais inclusivos mediante unha estratexia de intervención integral que empodere aos colectivos con maiores dificultades de acceso ao emprendemento, ao tempo que se promove a rexeneración económica e social dos barrios de Compostela mediante o fomento dunha estrutura económica máis integradora e sostible.
Orzamento: 464.997,37 € (FEDER 80% CONCELLO 20%)
Calendario:
Data prevista de inicio: Xaneiro de 2018
Data prevista de finalización: Decembro de 2020
Estado de situación:
- Aprobación da selección da operación dentro da Estratexia DUSI por Acordo da Xunta de Goberno Local de data 9 de marzo de 2018