Programa de dinamización económica dos barrios Faino Tí
Departamento que executa: Oficina de Promoción Económica
Obxectivo Temático: OT 9
Descrición da operación:
Pór en marcha unha serie de actividades destinadas a fortalecer as capacidades tecnolóxicas e de innovación dos colectivos máis desfavorecidos dos barrios do Concello de Santiago, para promover a medio prazo a renovación e consolidación de oficios tradicionais e o lanzamento de iniciativas empresariais relacionadas co tecido industrial dos barrios, que fagan uso desas habilidades tecnolóxicas.
Obxectivo Xeral: redución da brecha tecnolóxica entre colectivos máis desfavorecidos, buscando 1) a aplicación de competencias tecnolóxicas e de resolución de problemas ao desenvolvemento de iniciativas empresariais relacionadas co tecido empresarial e industrial dos barrios de Santiago, e 2) o fortalecemento das competencias TIC da poboación máis senior, que na actualidade son titulares de negocios relacionados con oficios, e que están a punto de xubilarse ou acaban de xubilarse.
Obxectivos Específicos
- Divulgación das competencias stem, as competencias tecnolóxicas e as competencias de resolución de problemas asociadas ao desempeño dun oficio entre as novas xeracións dos barrios máis desfavorecidos do Concello de Santiago de Compostela.
- Acercar as posibilidades ofrecidas polas novas tecnoloxías e a innovación tecnolóxica á poboación senior e aos oficios desenvolvidos nos barrios de Santiago de Compostela.
- Favorecer o lanzamento de proxectos de intraemprendemento e novas iniciativas en negocios existentes relacionados co tecido produtivo industrial e empresarial dos barrios do municipio, apoiados nas posibilidades que ofrece a innovación tecnolóxica.
- Fortalecer as condicións para a reformulación tecnolóxica e a consolidación de oficios tradicionais nos barrios, favorecendo así o reforzo e consolidación da súa actividade económica e a súa estrutura produtiva.
Orzamento: 220.000 € (FEDER 80% CONCELLO 20%)
Calendario:
Data prevista de inicio: Xaneiro 2019
Data prevista de finalización: Decembro 2020
Estado de situación:
- Aprobación da selección da operación dentro da Estratexia DUSI por Acordo da Xunta de Goberno de data 8 de febreiro de 2019.