Plan Municipal de Igualdade

Departamento que executa: Departamento de Igualdade

Obxectivo Temático: 9 Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación.

Descrición da operación: Implementación de parte das actividades previstas no Plan Municipal de Igualdade. O deseño do IV Plan Municipal de Igualdade parte e ten como base as necesidades das mulleres compostelás e da sociedade en xeral. A tal efecto tívo en conta o estudo realizado en 2015 de diagnose das desigualdades de xénero, xa que nel recóllese unha radiografía actualizada das carencias, barreiras e tamén das demandas que se manifestan entre as compostelás. A partir do traballo de diagnose, o IV Plan Municipal de Igualdade recolle os obxectivos de cambio social que resultan prioritarios e estratéxicos, as actuacións concretas necesarias, a identificación dos indicadores de seguimento e as persoas responsables, así como o deseño dun cronograma de actuación que orienta a política municipal na promoción da igualdade.

As actividades previstas determináronse en base ás cinco áreas Estratéxicas definidas no Plan Municipal de Igualdade: Mulleres, empregabilidade e condicións laborais; Benestar, saúde e calidade de vida; Cultura, tempo de lecer e deporte; Empoderamento, participación e asociacionismo; Liderado institucional e aplicación do maistreaming de xénero na administración municipal.

Orzamento: 100.000 € (FEDER 80% CONCELLO 20%)

Calendario:

Data prevista de inicio: Setembro 2017 

Data prevista de finalización: Xuño 2023

Estado de situación:

- Aprobación da selección da operación dentro da Estratexia DUSI por Acordo da Xunta de Goberno Local de data 11 de agosto de 2017.

2017: Acción formativa "A calidade na xestión pública. Enfoques e estratexias para a igualdade", dirixida ao persoal do Concello.

2019: Campaña de Corresponsabilidade na atención e os coidados dirixida a promover o acercamento da poboación a estes ámbitos.

Displays en diferentes lugares: Biblioteca Pública Fonseca, IES Rosalia de Castro en Santiago, Centro Cívico Romaño- Vista Alegre

 

2020: Campaña nos CENTROS DE ENSINO para traballar a educación en igualdade e programas para a prevención da violencia de xénero en educación infantil, secundaria, FP, Bacharelato e Educación especial nos curso 2020-2021 e 2021-2022. 

Publicación anuncio de licitación contratación do Servizo Campaña nos CENTROS DE ENSINO para traballar a educación en igualdade e programas para a prevención da violencia de xénero en educación infantil, secundaria, FP, Bacharelato e Educación especial nos curso 2020-2021 e 2021-2022, na Plataforma de Contratación do Sector Público o día 25 de xuño de 2020. Valor estimado 59.504,13 € (sen IVE). Data límite presentación propostas o día 10 de xullo de 2020.

http://www.santiagodecompostela.gal/e_santiago/contratacion.php?id=1548&...

Acordo na XGL de data 30 de novembro de 2020 Adxudicación do contrato Servizo Campaña nos CENTROS DE ENSINO para traballar a educación en igualdade e programas para a prevención da violencia de xénero en educación infantil, secundaria, FP, Bacharelato e Educación especial nos curso 2021-2022 e 2022-2023, a favor da empresa RETNOVA PROXECTIA CONSULTING SL (B70470737) por importe 62.999,99 €