Mellora dos accesos ao parque de Belvís

Departamento que executa: Programación e Proxección e Proxectos e Obras

Obxectivo temático: OT 6

Descrición da operación:

Pór en valor o patrimonio arquitectónico e natural da cidade de Santiago, buscando a conexión entre a Praza do Matadoiro e o parque urbano de Belvís, actualmente separados.

A actuación consistirá no acondicionamento dun paso a través dun espazo existente entre o edificio da casa da xuventude e unha propiedade privada adxacente cun muro perimetral de pedra de peche.

Ademais, plantearanse accións na envolvente do edificio dirixidas a mellorar esta conexión (ampliación do paso alá onde sex estructuralmente posible retranqueando o peche de pranta baixa, actuacións dirixidas a facer este límite máis permeable, acondicionamento de paramentos actualmente en mal estado, etc.)

Por último, tamén será necesario acometer actuacións tanto na zona de acceso desde a praza como desde o parque, para adaptalas á nova conexión proposta. Tratarase de obras de reurbanización, mellora de accesibilidade, axardinamento, que permitan integrar axeitadamente a solución de conexión e aseguren unha correcta funcionalidade para os novos fluxos peonís que se van a producir.

Conseguirase así atraer fluxos de turismo da Cidade Histórica hacia o parque de Belvís, convertendo este acceso no principal, pola súa situación privilexiada xunto á Porta do Camiño.

Orzamento: 225.000 € (FEDER 80% Concello 20%)

Calendario:

Data prevista de inicio: Febreiro 2020

Data prevista de finalización: Setembro 2021

Estado de Situación:

- 13/05/2020 Aprobación da selección da operación dentro da Estratexia DUSI por Resolución da Concelleira Delegada de Economía e Facenda.

 

 

Parque de Belvís

Santiago de CompostelaA Coruña 15703
España