Mellora da Accesibilidade ao Barrio de Pontepedriña
Descrición e obxectivos
A actuación consistirá na mellora da accesibilidade e conectividade do barrio de Pontepedriña con outros barrios da cidade, mediante a creación dun novo paso a través do río Sar que favorecerá a existencia dun percorrido transversal interno e contribuirá á redución do aillamento do barrio e a redución da sensación de inseguridade entre os seus veciños.
Concretamente a operación incluirá:
- Construción de entre un e dous pasos sobre o río Sar, para salvar a barreira que representa este río na comunicación desde o interior do barrio cara a outros barrios da cidade.
- pavimentación e axardinamento da zona con criterios de sostibilidade (mínima intervención e mantemento).
- Eliminación de barreiras arquitectónicas para asegurar a accesibilidade para todas as persoas IntervIrase nunha superficie total de 100 m2
O obxectivo principal da operación é revitalizar o espazo público do Barrio de Pontepedriña, e mellorar a calidade de vida dos seus residentes a través da habilitación de novas formas de conectividade co resto da cidade que disminúan o aillamento. O ámbito da operación é de especial importancia ao tratarse dun dos barrios desfavorecidos con maior necesidade de intervención e rehabilitación no seu conxunto pola existencia de graves problemas tanto nas vivendas como no espazo público, o que derivou na declaración do barrio como Área de Rehabilitación Integral (A.R.I.) o 23/12/2008. O entorno urbano e o seu medio ambiente inmediato están degradados a causa do deseño, uso e estado do espazo. De forma resumida, podemos distinguir dous grupos principais de patoloxías:
- Derivadas do deficiente deseño/estado dos espazos públicos: a) Tanto os percorridos peatonais como os espazos estanciais non permiten cumprir a súa función social ben porque son difícilmente accesibles para o viandante, ben porque se encontran apartados por barreiras físicas ou visuais ou ben porque as súas dimensións convírrtenos en espazos marxinais e secundarios, máis como defensas dun tráfico de vehículos que como estanciais. b) Dificultades de mobilidade e accesibilidade dentro do barrio, tanto peonil como de vehículos (degradación de pavimentos, esvaracidade, dimensións escasas de beirarrúas, paso cortado por confluencia de elementos de mobiliario, alumeado, vexetación ou aparcamentos…).
- Derivadas da falta de conexión do barrio co seu entorno inmediato: a) o barrio formalizouse a modo de fondo de saco, circundado por barreiras físicas (río e brañas ao norte/leste e ladeira de monte ao leste) ou artificiais (vial sobreelevado ao oeste), tendo como única zona de conexión ao tecido urbano a zona sur, colindante coa urbanización SUP 7, de recente construción. Debido a esta configuración o barrio non dispón de percorridos de interconexión que permitan incorporar fluxos de persoas doutras partes da cidade, o que resulta moi importante para dar vitalidade aos barrios e evitar que se conviertan en zonas endogámicas que acaban derivando en guetos. b) Todo isto provoca sensación de inseguridade para os potenciais usuarios, o que redunda na degradación social do barrio, ao acabar convertindose en espazos a evitar nos percorridos de relación tanto interiores como exteriores ao entorno. Destas patoloxías é especialmente importantea a relativa á deficiente conectividade do barrio co seu entorno. Ao tratarse dun barrio cun perfil de poboación de renda baixa e colectivos en risco de exclusión, é especialmente importante evitar o efecto gueto que produce o aillamento. Para iso resulta vital favorecer o acceso e conectividade ao barrio e a creación de percorridos que o atravesen con fluxos de poboación dos barrios colindantes, de rendas medias, contribuindo a dinámicas de inclusión.
Así os obxectivos específicos da operación son os seguintes:
- Mellorar o entorno de forma integral, creando percorridos que conecten o barrio co tecido urbano colindante, tendo impacto no benestar da poboación e na promoción da cohesión social e territorial.
- Xerar e mellorar os espazos estanciais, o que impacta de novo directamente no benestar da poboación e a promoción da cohesión social e territorial.
- Mellorar a seguridade, dignificar o entorno, mitigar os problemas de declive urbano, poñendo en valor o barrio e propoñéndose como nova alternativa para percorridos, actividades, lecer… o que estimula novas dinámicas de desenvolvementos e competitividade, revitalizando o barrio.
Orzamento da operación
A operación ten un orzamento de 158.150,81 € dos que 126.520,65 € son a achega do FEDER.
Prazo de execucíón
A operación executarase ata o 31/12/2023