Infraestrutura TIC para Administración Electrónica e Innovación
Departamento que executa: Servizo de Informática.
Obxectivo Temático: 2 Mellorar o uso e a calidade das TIC e o acceso ás mesmas.
Descrición da operación: A operación consiste na dotación da infraestrutura tecnolóxica necesaria para a posta en marcha da plataforma de administración electrónica e outros servizos relacionados, como é a infraestrutura de datos abertos e o portal web.
A operación materializaráse nas seguintes intervencións:
- Portal Web Municipal.
- Infraestrutura de telecomunicacións e mobilidade.
- Infraestrutura de servidores para a plataforma de administración electrónica.
- Postos de traballo informatizados para a plataforma de administración electrónica.
- Sistema de dixitalización certificada e xestión documental para a plataforma de administración electrónica.
Orzamento: 1.200.000 € (FEDER 80% CONCELLO 20%)
Calendario:
Data prevista de inicio: Xaneiro 2018
Data prevista de finanlización: Setembro 2020
Estado de situación:
- Aprobación da selección da operación dentro da Estratexia DUSI por Acordo da Xunta de Goberno Local de data 19 de xaneiro de 2018.
- Acordo da XGL de data 28 de decembro de 2018: aprobación do expediente e apertura do procedemento de licitación de subministro e implantación dunha ampliación da infraestrutura de Servidores para a solución da administración electrónica do Concello.
- Publicación no Perfil do contratante e na Plataforma de contratación do Sector Público o día 14 de xaneiro de 2019 da Licitación do subministro e implantación dunha ampliación da infraestrutura de Servidores para a solución de administración electrónica do Concello de Santiago de Compostela.
http://santiagodecompostela.gal/e_santiago/contratacion.php?id=1482&lg=gal
- Acordo da Xunta de Goberno Local coa adxudicación do contrato de subministro e implantación dunha ampliación da infraestrutura de Servidores para a solución da administración electrónica do Concello á empresa COREMAIN SL (B15313505) por importe de 144.957,58 € con data 21 de outubro de 2019. Prazo de execusión tres meses.
- Acordo XGL con data 25 de novembro de 2019 Aprobación do expediente e apertura do procedemento de adxudicación da "Subministración de postos de traballo informatizados para a solución de administración electrónica do Concello de Santiago de Compostela"
- Publicación en Perfil Contratante e na Plataforma de Contratación do Sector Público da Licitación da "Subministración de postos de traballo informatizados para a solución de administración electrónica do Concello de Santiago de Compostela" con data 29 de novembro de 2019. Valor estimado do contrato: 433.665,87 €
http://www.santiagodecompostela.gal/e_santiago/contratacion.php?id=1523&...
- Acordo XGL con data 23 de marzo de 2020 Adxudicación do Contrato Subministración de postos de traballo informatizados para a solución de administración electrónica do Concello de Santiago de Compostela, á empresa BALIDEA CONSULTING & PROGRAMMING SL (B15850647) por importe 498.135,35 €