Centro Municipal de Atención Integral a Persoas sen fogar de Santiago

Departamento que executa: Programación e Proxección e Proxectos e Obras (Acción I) e Área de Acción Social (Acción II e promotora da operación).

Obxectivo Temático: 9 Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación.

Descrición da operación: A operación consiste na creación dun centro municipal que lidere, coordine, aporte estrutura e contribúa á profesionalización do sector da atención ás persoas sen fogar. O carácter público do centro é de capital importancia para facilitar as relacións entre Administracións (coordinación do sistema de saúde coa rede de atención á drogodependencia e coa rede de servizos sociais) e para favorecer o desenvolvemento de outras iniciativas máis difícilmente abarcables por parte de entidades do terceiro sector (como os censos e recollida de datos sobre a poboación sen fogar, a xestión das campañas de frío, a avaliación continuada da evolución do colectivo, os labores relacionados coa inclusión na comunidade e o acceso a recursos e servizos, etc…).

Os obxectivos perseguidos serán:

  • Mellorar a cohesión social e a calidade de vida nunha perspectiva de integración laboral e socioeconómica dos grupos destinatarios das intervencións.
  • Avanzar, no ámbito urbano, no obxectivo de reducir o número de persoas en situación de risco de exclusión.

As accións que se pretenden levar a cabo dentro da operación para contribuír aos obxectivos mencionados dando solución ás problemáticas concretas detectadas son as seguintes:

  • Articulación da organización da atención en “sinhogarismo” ao redor dun novo Centro de carácter público. Éste debe ser céntrico, de fácil acceso, integrado na comunidade, e con algún espazo verde anexo.
  • Rexeneración do entorno, o que impacta directamente no benestar da poboación e a promoción da cohesión social e territorial.

O ámbito de actuación é o entorno urbano do parque de Belvís, concretamente no edificio que actualmente acolle o Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC). Dita edificación considérase a idónea para desenvolver o programa do Centro Municipal de Atención Integral a Personas sen Fogar, tanto pola súa localización dentro da cidade, como a súa situación illada nun entorno verde próximo, e pola súa organización volumétrica, xa que ao estar dividido en diferentes volúmenes permite a separación en espazos funcionais e a especialización dentro da mesma.

A intervención propón así a diferenciación dentro da edificación de tres espazos funcionais:

  • Un Área de Acollida Básica
  • Un Área de atención social continuada,  dividida a súa vez en dúas Zonas:
    • Zona A, o Espazo de Servizos.
    • Zona B, o Espazo de Inclusión.

Proponse un espazo de integración que resolva as deficiencias detectadas, pretendendo aportar atención ás personas sen fogar dun modo integral abarcando as necesidades das persoas en todos os ámbitos.

Trátase dun plan de atención integral a persoas sen fogar, revitalizando a zona coa inclusión dun novo centro que consiga, á vez, a inclusión coa comunidade.

A operación divídese en dous tipos de accións por cuestións de xestión:

Acción 1: Acondicionamento e Rehabilitación da edificación.

Esta acción pódese dividir, a súa vez, en dúas fases:

  • Fase I: consiste no acondicionamento dos volúmenes existentes xa rehabilitados para darlles un novo uso e na rehabilitación dos volúmenes nº0 y nº1 e a parte propiedade do concello do volume nº8.
  • Fase II: Rehabilitación do resto da edificación nº8, trala súa obtención por parte do Concello.

Acción 2: Posta en marcha e funcionamento do Centro, habilitando a área de atención social continuada, que inclúe:

Servizo de atención na rúa: educación na rúa, búsqueda, localización e detección de casos; información e orientación; acompañamento técnico especializado.

Servizos de atención e inclusión: Atención a necesidades básicas; Información e asesoramento; Acompañamento psicosocial especializado; Campañas de frío, calor e outras emerxencias; Programa de saúde; Programa de transformación e participación social; Programa de lecer e xestión do tempo de lecer; e Programa ocupacional e formativo.

Orzamento: 1.000.000 €

Calendario:

Data prevista de inicio: Xaneiro 2018

Data prevista de finalización: Decembro 2020

Estado de situación:

- Aprobación da selección da operación dentro da Estratexia DUSI por Acordo da Xunta de Goberno Local de data 9 de febreiro de 2018.