Centro Integral para a Inserción Social de Santiago de Compostela
Departamento que executa: Programación e Proxección e Proxectos e Obras (Acción I) e Área de Acción Social (Acción II e promotora da operación).
Obxectivo Temático: 9 Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación.
Descrición da operación: A operación consiste na creación dun centro municipal que lidere, coordine, aporte estrutura e contribúa á profesionalización do sector da atención ás persoas sen fogar e a outros colectivos en situación de vulnerabilidde e con necesidades de inclusión social . O carácter público do centro é de capital importancia para facilitar as relacións entre Administracións (coordinación do sistema de saúde coa rede de atención á drogodependencia e coa rede de servizos sociais) e para favorecer o desenvolvemento de outras iniciativas máis difícilmente abarcables por parte de entidades do terceiro sector (como os censos e recollida de datos sobre a poboación sen fogar, a xestión das campañas de frío, a avaliación continuada da evolución do colectivo, os labores relacionados coa inclusión na comunidade e o acceso a recursos e servizos, etc…).
Os obxectivos perseguidos serán:
- Mellorar a cohesión social e a calidade de vida nunha perspectiva de integración laboral e socioeconómica dos grupos destinatarios das intervencións.
- Avanzar, no ámbito urbano, no obxectivo de reducir o número de persoas en situación de risco de exclusión.
As accións que se pretenden levar a cabo dentro da operación para contribuír aos obxectivos mencionados dando solución ás problemáticas concretas detectadas son as seguintes:
- Articulación da organización da atención en “sinhogarismo” ao redor dun novo Centro de carácter público. Éste debe ser céntrico, de fácil acceso, integrado na comunidade, e con algún espazo verde anexo.
- Rexeneración do entorno, o que impacta directamente no benestar da poboación e a promoción da cohesión social e territorial.
O ámbito de actuación é o entorno urbano do parque de Belvís, concretamente no edificio que actualmente acolle o Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC). Dita edificación considérase a idónea para desenvolver o programa do Centro Integral para a Inserción Social, tanto pola súa localización dentro da cidade, como a súa situación illada nun entorno verde próximo, e pola súa organización volumétrica, xa que ao estar dividido en diferentes volúmenes permite a separación en espazos funcionais e a especialización dentro da mesma.
A intervención propón así a diferenciación dentro da edificación de tres espazos funcionais:
- Un Área de Acollida Básica
- Un Área de atención social continuada, dividida a súa vez en dúas Zonas:
- Zona A, o Espazo de Servizos.
- Zona B, o Espazo de Inclusión.
Trátase dun plan de atención integral, revitalizando a zona coa inclusión dun novo centro que consiga, á vez, a inclusión coa comunidade.
A operación divídese en dous tipos de accións por cuestións de xestión:
Acción 1: Acondicionamento e Rehabilitación da edificación.
Esta acción pódese dividir, a súa vez, en dúas fases:
- Fase I: consiste no acondicionamento dos volúmenes existentes xa rehabilitados para darlles un novo uso e na rehabilitación dos volúmenes nº0 y nº1 e a parte propiedade do concello do volume nº8.
- Fase II: Rehabilitación do resto da edificación nº8, trala súa obtención por parte do Concello.
Acción 2: Posta en marcha e funcionamento do Centro, habilitando a área de atención social continuada, que inclúe:
Servizo de atención na rúa: educación na rúa, búsqueda, localización e detección de casos; información e orientación; acompañamento técnico especializado.
Servizos de atención e inclusión: Atención a necesidades básicas; Información e asesoramento; Acompañamento psicosocial especializado; Campañas de frío, calor e outras emerxencias; Programa de saúde; Programa de transformación e participación social; Programa de lecer e xestión do tempo de lecer; e Programa ocupacional e formativo.
Orzamento: 1.000.000 € (FEDER 80% CONCELLO 20%)
Calendario:
Data prevista de inicio: Xaneiro 2018
Data prevista de finalización: Decembro 2023
Estado de situación:
- Aprobación da selección da operación dentro da Estratexia DUSI por Acordo da Xunta de Goberno Local de data 9 de febreiro de 2018.
- Con data 31/10/2022 adxudicousde a redacción do proxecto e a dirección facultativa da obra á empresa ARQUITAV ARQUITECTOS, SLP, por un importe de 105.629,00 €. A data prevista de entrega do proxecto é xaneiro de 2023.