Centro de Excelencia Tecnolóxica de Emprego e Coñecemento (CETEC)

Departamento que executa: Emprego

Obxectivo Temático: 9 Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación

Descrición da operación

Posta en marcha dun novo servizo municipal denominado CENTRO DE EXCELENCIA TECNOLÓXICA DE EMPREGO E COÑECEMENTO (CETEC), que terá como obxectivo contribuír ao desenvolvemento do emprego, a través da colaboración e o diálogo de saberes entre distintos actores, a efectos de fortalecer o tecido social e vincular á Universidade co territorio mediante:

  • A creación dunha Incubadora de Procesos Colaborativos e un Observatorio de Innovación Social.
  • A execución de teses,  TFG (Título Fin de Grado), TFM (Título Fin de Máster), e investigacións, así como, a elaboración e execución de proxectos de estudantes, profesionais e académicos, vinculados ás áreas de traballo consideradas necesarias e importantes de estudar, para a creación de máis e mellores empregos,  pola Mesa polo Emprego de Santiago.
  • Lograr que a Mesa polo Emprego de Santiago  opere como instancia de diálogo e acción planificada, a través da implementación de iniciativas de cooperación e traballo compartido nos  aspectos de: Fortalecemento e expansión de vínculos de confianza e capacidades entre os actores da Mesa e os seus contextos, e  Deseño de Plans de Acción destinados a  mellorar  nos ámbitos definidos nas instancias ou mesas de traballo, encuadrados nos eixos: Empregos e economía (o mercado de produtos), Persoas (o mercado laboral), e as conexións entre eles (Goberno e intelixencia).

Orzamento: 320.000 € (FEDER: 80% CONCELLO: 20%)

Calendario:

Data prevista de inicio: Maio 2018

Data prevista de finalización: Decembro 2020

Estado de situación:

- Acordo XGL Aprobación da selección da operación dentro da Edusi con data 15 de xuño de 2018

- Información actualizada sobre esta operación no portal web:  https://www.cextec.com/