Actuación nas Rúas Patio de Madres e Castrón Douro. Fase I
Departamento que executa: Programación e Proxección e Proxectos e Obras.
Obxectivo Temático: 6 Conservar e preservar o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos.
Descrición da operación: O ámbito de actuación é o espazo público situado no perímetro da Cidade Histórica, que constitúe o tramo final da Ruta da prata do camiño de Santiago. A intervención comprende a rúa enteira de Patio de Madres e a rúa do Castrón Douro ata a confluencia coa rúa de Sar.
Estas dúas rúas soportan un tráfico rodado moi intenso, tanto pola localización de centros escolares nas súas contornas como polo seu funcionamento como aparcamento da poboación externa. Este tráfico rodado restrinxiu as beirarrúas a meras sendas estreitas e pendente destas dificulta a súa utilización por persoas con mobilidade reducida. Ademais, a maior parte das entradas das vivendas están a unha cota distinta da cota do espazo público, o que dificulta o seu acceso.
A intervención centrarase nos seguintes aspectos:
- Equilibrar os espazos destinados a tránsito peonil e tráfico rodado.
- Suprimir barreiras arquitectónicas.
- Dotar e complementar as instalacións de servizo.
- Xerar espazos de descanso e uso público.
- Dotar de contedores soterrados para reciclaxe de lixo.
- Dignificar o remate final da Ruta da Prata.
- Principios xeradores:
a) Recuperar ou rebaixar no posible a cota orixinal da calzada.
b) Potenciar o tráfico peonil sobre o rodado.
c) Atender a relación directa entre vivenda e rúa.
d) Xerar espazos de uso e descanso no ámbito.
e) Supresión de barreiras arquitectónicas no acceso dos edificios.
f) Racionalizar e complementar as infraestruturas.
g) Identificar o conxunto da rúa como remate da Ruta da Prata.
h) Recuperar a memoria histórica do ámbito.
A intervención divídese en dúas fases ou tramos por cuestións de escala e coordinación da mobilidade ao tratarse dunha vía estruturante dende o punto de vista do tráfico rodado no seu tramo inferior (conexión do Sar co ensanche a través da rúa Curros Enríquez). Os tramos son os seguintes:
- Fase I: dende Virxe da Cerca ata o cruce coa rúa Curros Enríquez.
- Fase II. Dende Curros Enríquez ata a conexión coa calzada do Sar.
Orzamento: 1.556.454 € (FEDER 80% CONCELLO 20%)
Calendario:
Data prevista de inicio: Outubro 2017
Data prevista de finalización: Novembro 2019
Estado de situación:
- Aprobación da selección da operación dentro da Estratexia DUSI por Acordo da Xunta de Goberno Local de data 6 de outubro de 2017.
- Anuncio BOP Coruña nº 46 con data 7 marzo de 2018 Licitación da obra
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/03/07/2018_0000001710.pdf
- Anuncio BOP Coruña nº 56 con data 22 de marzo de 2018 Corrección erros modificación cláusula 5 do Prego de Cláusulas administrativa particulares da Licitación da obra
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/03/22/2018_0000002146.pdf
- Anuncio Perfil de Contratante
http://santiagodecompostela.gal/e_santiago/contratacion.php?id=1432&lg=gal
- Pregos de Cláusulas Administrativas
http://santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON_66_20...
- Admisibilidade definitiva da operación por parte da Subdirección Xeral de Desenvolvemento Urbano do Ministerio de Facenda e Función Pública con data 28 de maio de 2018.
- A Xunta de Goberno Local na súa sesión de data 8-6-2018 adxudicou o contrato de "Reurbanización das rúas Patio de Madres e Castrón Douro - FASE I. a empresa ALCOMTE GALICIA SL (CIF: B15648223), por un importe de 935.158,73 euros, (IVE aparte 21%: 196.383,33 euros). Data de publicación da adxudicación definitiva na web: 18 de xuño de 2018. O contrato formalizouse en documento administrativo o 28-6-2018.
http://santiagodecompostela.gal/e_santiago/hcontratacion.php?id=1432&lg=gal
Acordo de adxudicación:
http://santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON_66_20...
- Imaxes dos traballos da obra