Actuación nas Rúas Batalla de Clavijo e anexas

Departamento que executa: Programación e Proxección e Proxectos e Obras

Obxectivo Temático: 9 Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación.

Descrición da operación: O ámbito de actuación é o espazo público da rúa Batalla de Clavijo, rúa Puente la Reina e as escalinatas Bispo Teodomiro, Raíña Lupa e Cebreiro. Algunhas destas rúas mostran un alto grado de deterioro, provocado en parte polo alto tráfico rodado que soportan, en detrimento do espazo reservado para o peón. Presentan tamén fortes pendentes e dificultade de acceso ás edificacións, ás veces salvadas con escalinatas, o que dificulta a accesibilidade. 

A intervención propón un novo deseño que resolva as deficiencias detectadas, reconfigurando os espazos públicos das rúas e con pequenos cambios de uso que redunden no beneficio do peón a a relación social e así, ademais da renovación da pavimentación, resolva os problemas creados polas diferenzas de cota existentes, mellore a disposición de alcorques e ordene o aparcadoiro.

Trátase de dignificar os espazos de conflito, realizando unha conexión coherente entre elas aportando continuidade en todo o ámbito da intervención, dotándoo dunha imaxe unitaria que reforce así a súa identidade de barrio.

 A intervención divídese en dúas fases ou tramos por cuestións de escala e coordinación. Os tramos son os seguintes:

  • Fase I: rúa Batalla de Clavijo e escalinata Bispo Teodomiro.
  • Fase II. rúa Puente la Reina e escalinatas do Cebreiro e Raiña Lupa.

As actuacións a levar a cabo dentro desta operación son:

  • Mellora integral do entorno físico, mediante a mellora da accesibilidade, eliminación de barreiras arquitectónicas e redución das pendentes das rúas, o que enriquece a relación entre o espazo público e as vivendas, tendo un impacto no benestar da poboación e a promoción da cohesión social e territorial.
  • Xeración e mellora de espazos estanciais.
  • Melloras no alumeado público, e polo tanto na seguridade, todo iso dignifica o entorno mitigando os problemas de declive urbano, poñendo en valor o barrio e propoñendo unha nova alternativa para percorridos, actividades, lecer..., o que estimula novas dinámicas de desenvolvemento e competitividade, revitalizando o barrio.
  • Mellora no estado dos solos urbanos, rexenerando tanto o espazo público (con novos espazos de descanso e uso público amables co medio ambiente), coma as infraestruturas (completándose as existentes e introducíndo novas, como os contenedores soterrados).

Orzamento: 592.701,60 € (FEDER 80% CONCELLO 20%)

Calendario:

Data prevista de inicio: Novembro 2014

Data prevista de finalización: Marzo 2019

Estado de situación:

- Aprobación da selección da operación dentro da Estratexia DUSI por Acordo da Xunta de Goberno Local de data 17 de novembro de 2017.

- Licitación obra proxecto de renovación de viais e beirarrúas na rúa Batalla de Clavijo e anexas. Fase I. Prezo licitación: 435.445,69 €. Publicación no perfil do contratante do Concello de Santiago e na plataforma de contratación o 24 de agosto de 2018.

http://santiagodecompostela.gal/e_santiago/contratacion.php?id=1460&lg=gal

Prego de cláusulas administrativas

http://santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON_6_201...

Prego técnico

http://santiagodecompostela.gal/medi/departamento/contratacion/CON_6_201...

- Por acordo de Xunta de Goberno Local de data 16 de novembro de 2018 rexeitanse as ofertas presentadas e adxudícase o contrato de obras de renovación de viais e beirarrúas na rúa Batalla de Clavijo e anexas Fase I á empresa ALCOMTE Galicia SL por importe de 358.284,7 euros (IVE engadido).Data de formalización do contrato 19/12/2018.

http://santiagodecompostela.gal/imxd/noticias/doc/154237303720181116xunt...

- Recreación virtual do proxecto Batalla de Clavijo

- Link á Web da operación:

https://www.reurbanizacion-batalla-de-clavijo.com/

- Imaxes

 

  

 

Cartel da obra:

Rúa da Batalla de Clavijo

Rúa da Batalla de Clavijo
Santiago de CompostelaA Coruña, Galicia 15703
España