Acondicionamento interior do Castelo da Rocha

Departamento que executa: Oficina de Rehabilitación e Vivenda

Obxectivo Temático: OT 6

Descrición da operación

A operación consistirá no acondicionamiento interior do Castelo da Rocha e a posta en valor dos seus ses restos arqueolóxicos, mellorando, ademais, as condicións de seguridade e accesibilidade dos visitantes.

A finalidade da operación é a divulgación do castelo, a preservación das estruturas arqueolóxicas e a seguridade dos visitantes. Ademáis, o proxecto pretende reducir o forte impacto visual e acústico da liña ferroviaria asentada sobre a segunda liña defensiva do castelo así como correxir escorrentías naturais do xacemento.

O ámbito do proxecto de acondicionamento abarca a totalidade do recinto intramuros así como as dúas liñas de muralla.

As actuacións de acondicionamento máis relevantes son, de xeito resumido, as seguintes:

  • Instalación de tres sinalizacións direccionais que marcan un percorrido circular polo interior do castelo, no sentido contrario ás agullas do reloxo, rodeando a torre da homenaxe.
  • Instalación de sete paneis de información arqueolóxica, complementando os tres xa dispostos no exterior, aínda que de menores dimensións.
  • Colocación de plataformas de acceso en diferentes puntos da fortaleza.: a plataforma A.3 permitirá percorrer o lateral oeste do castelo e aproximarse á muralla, sen ter que pisar o muro lonxitudinal que delimita a estancia deste sector; neste mesmo espazo, instalarase a plataforma A.4, para acceder á parte superior da muralla máis antiga do castelo. As plataformas A.5, A.7 e A.8 tamén acceden ás defensas do castelo pero, desde cada unha delas, o visitante pode aproximarse a estruturas arqueolóxicas diferentes e disfrutar de perspectivas visuais tamén diferentes. A plataforma A.8 permitirá, ademais, percorrer un tramo da liza e asomarse ao rego do Vilar desde a segunda liña de muralla. En todos os casos, as plataformas incorporan barandillas de seguridade.
  • Fora das liñas de muralla, colocarase unha plataforma ao carón do alxibe, amortecendo a pendente acusada que descende cara as súas escaleiras.
  • Construcción dunha pantalla no sector leste do xacemento (A.11), coincidindo co trazado da primeira liña de muralla deste sector. Os restos atopados durante a escavación arqueolóxica do ano 2013, permiten aproximar con bastante precisión a situación do torreón surleste e da muralla enterrada (parcial ou totalmente) pola liña férrea. A maior parte deste lateral quedou como zona de reserva arqueolóxica, regularizada e protexida con áridos.
  • Ademais de “materializar” o trazado da liña defensiva oculta, a pantalla serverá para amortecer o impacto da liña férrea e, tamén, como fondo expositivo das pezas de canteiría acopiadas neste lugar do castelo.A pantalla deseñada componse de perfís laminados de aceiro, cun acabado similar ao valado exterior
  • Complementando á anterior, levantarase una segunda pantalla (A.13), situada no límite norleste do xacemento, co fin de aillar este sector da vía férrea. Ao igual que no caso anterior, repetiranse os acabados do valado exterior e, neste caso, tamén o seu formato se ben aquí a pantalla será máis densa.
  • Intervención prevista na torre da homenaxe:  a) Restitución parcial do muro noroeste, coa construción dunha nova fiada sobre a xa existente na súa cara exterior e recheo da mampostería interior ata a cota da fiada conservada na cara interior do paramento. A restitución realizarase con sillares de granito e elementos diferenciadores, seguindo os criterios de restauración aplicados no castelo dende o ano 2009. b) Construción dunha plataforma no interior da antiga torre, no sector surleste encaixada, entre a liña interna desta fachada e o afloramento rocoso. A plataforma aproximarase á cota que ocuparía o solo inferior orixinal da estrutura medieval. Ademais, o seu acceso realizarase pola antiga entrada á torre.

Orzamento: 99.149,03 €

Calendario:

Data prevista de inicio: Abril 2018

Data prevista de finalización: Setembro 2018

Estado de situación:

- Aprobación da selección da operación dentro da Estratexia DUSI por Acordo da Xunta de Goberno de data 16 de marzo de 2018

Castelo da Rocha

26 Rúa do Piñeiro
Santiago de CompostelaA Coruña, Galicia 15706
España