Acondicionamento exterior do Castelo da Rocha

Departamento que executa: Oficina de Rehabilitación e Vivenda

Obxectivo Temático: OT 6

Descrición da operación:

Esta operación consistirá no acondicionamento exterior da fortaleza de Rocha Forte, facilitando e mellorando o encaixe dos restos do castelo na paisaxe e na calidade das visitas ao monumento.

obxectivo xeral da operación é establecer as medidas necesarias para encaixar, os restos visibles da fortaleza, na paisaxe, ademáis de favorecer as condicións de acceso dos visitantes así como a conexión co núcleo de poboación de A Rocha. Por último, ordenar a capa vexetal do entorno e instalar un punto elevado de observación para mellorar a calidade da visita.

Os obxectivos específicos derivados deste obxectivo xeral serán os seguintes:

  • Estudar, valorar e cautela arqueolóxica do espazo exterior do castelo.
  • Realizar un aparcamento de visitantes e reservar os terreos necesarios para un posible centro de visitantes, de acordo co disposto no PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal) e no PE-7R (Plan Especial de Proteción e Acondicionamento do Parque Arqueolóxico de A Rocha).
  • Estudar e restablecer a conexión peonil desde o aparcamento e o propio núcleo de A Rocha ata o castelo.
  • Limpar a capa vexetal e recuperar os elementos etnográficos: camiños, peches de fincas tradicionais, etc.
  • Ordenar a capa vexetal circundante e prantar novo arbolado que contribúa a paliar o impacto visual que supoñen na actualidade algunhas construccións do entorno.
  • Estudar as posibles áreas inundadas de auga e establecer sistemas de drenaxe para esas zonas.
  • Construir unha atalaia mirador na cercanía do castelo que permita a súa contemplación e a do seu entorno.

Orzamento: 366.665,60 € (FEDER 80% CONCELLO 20%)

Calendario:

Data prevista de inicio: Xullo 2019

Data prevista de finalización: Xaneiro 2020

Estado de situación:

- Aprobación da selección da operación dentro de Estratexia  DUSI por Acordo da Xunta de Goberno de data 21 de decembro de 2018.

- Acordo da XGL de data 11 de novembro de 2019, apróbase o proxecto de acondicionamento exterior do xacemento do castelo da Rocha Forte, fixando un orzamento máximo de licitación de 292.168 euros (Ive engadido) e un prazo de execución de tres meses.

- Acordo da XGL de data 11 de maio de 2020 Aprobación do expediente, do gasto e a apertura do procedemento de adxudicación mediante procedemento aberto simplificado da "Prestación do servizo de intervención arqueolóxica mediante sondaxes valorativas no proxecto de acondicionamento exterior do Castelo  de A Rocha Forte, establecéndose un tipo de licitación de 24.956,20 euros (IVE aparte).

- 27/05/2020 Publicación anuncio de licitación no perfil do provedor e na PCSP

http://www.santiagodecompostela.gal/e_santiago/contratacion.php?id=1533&...

 

Castelo da Rocha

26 Rúa do Piñeiro
Santiago de CompostelaA Coruña, Galicia 15706
España