Novas

A Xunta de Goberno adxudicou hoxe as obras de renovación dos viarios e beirarrúas da rúa da Batalla de Clavijo e anexas, ás que se van destinar case 360.000 euros.

O concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Reequilibrio Territorial, Rafael Peña, deu conta hoxe do prazo de inicio e execución do Plan Municipal de Obras para este verán, que inclúe unha ducia de actuacións por importe de 3 millóns de euros.

A Xunta de Goberno acordou hoxe remitir ao Ministerio de Facenda a ficha da operación para posta en marcha dun Centro de Excelencia Tecnolóxica de Emprego e Crecemento, de cara á súa inclusión no programa ReVive-Edusi Santiago.

A Xunta de Goberno adxudicou este venres o contrato das obras de reurbanización das rúas Castrón Douro e Patio de Madres, unha das actuacións incluídas no programa ReVive Santiago. A actuación custará 1,1 millóns de euros, procedentes de fondos europeos vinculados á EDUSI.

A Xunta de Goberno acordou este venres iniciar o procedemento de adxudicación da redacción do proxecto de reurbanización da rúa Clara Campoamor, para adecuala á súa nova función de acceso á futura estación intermodal.

O Concello presentou hoxe o programa ReVive Santiago, nun acto celebrado no Auditorio de Galicia coa participación de máis dun cento de representantes do tecido veciñal e asociativo da cidade.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- seguinte ›
- última »