Novas

A Xunta de Goberno Local celebrada este luns deu o visto bo aos proxectos de acondicionamento exterior e interior do xacemento do castelo da Rocha Forte.

A Xunta de Goberno Local, nunha sesión extraordinaria, aprobou este martes o inicio do procedemento de contratación das obras de reurbanización da rúa de Clara Campoamor.

O próximo luns arrincarán as obras de reurbanización da rúa da Batalla de Clavijo, nas que se van investir case 360.000 euros. A actuación está financiada con cargo aos fondos europeos do programa ReVive Edusi-Santiago.

O viario Clara Campoamor terá finalmente tres carrís, un en cada sentido de circulación e un central que terá un dobre uso: carril de incorporación e saída dos autobuses no ámbito da futura estación, e carril adicional de circulación nos accesos ás rotondas do Restollal e de Sar.

A Xunta de Goberno acordou hoxe iniciar o procedemento de adxudicación para a ampliación da infraestrutura de servidores do Concello de Santiago, de cara á implantación da administración electrónica.

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentaron esta mañá a xornada Abordaxe do Senfogarismo en Compostela: Estado da situación e plans de acción, que se celebra hoxe na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela, e que...
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- seguinte ›
- última »